O
NOSO BANCO DARÁ TRABALLO AOS NOSOS PÍCAROS
Deus
Mesmo
Televisor
nai
Mondoñedo,
Lugo
Ninguén
daba un duro por nós, as televisións de plasma. Que se éramos moi
caras, que se o coltán esclaviza aos humanos de África, que as
televisións tradicionais ainda tiraban...
Se todos os pronósticos eran negativos fora de Galicia, que se podía esperar dunha terra tan conservadora como a nosa?
O
estudo do Intertational Pannel for the implantation of the plasmas
TV in A Terra Chá financiado
pola Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia concluía
nunca antes de las 16:00 horas del 24 de mayo de 2134 las televisiones de plasma superarán en ventas a las tradicionales en Galicia sin un impulso (…)*
É
o pulo -que é coma se di “impulso” en galego- chegou das nosas
amigas as caixas de aforros galegas.
Centos
de milleiros dos meus apilábanse en campos de concentración en
China, sufrido condicións intelevisivas: dentro de caixas, sen poder
deformar a realidade e difundir, como é a nosa vocación, a Verdade.
Aquí en pdf.
Chegaron
os xerifaltes das caixas que nos compraron a prezo de custo e
vendéronnos aos seus clientes a cambio dos xuros do seu salario
mensual durante 36 meses, das comisións por ingreso, extracto,
tarxeta de crédito e a oportunidade de saber a quen colocar
hipotecas e créditos ao consumo co único gallo de cubrir as súas
modestas xubilacións.
Poderán
imaxinar o medo que nos entrou cando soubemos do fin das caixas.
Agora que aquelas caixas van ser un banco que ía ser de nós?
Temos
un compromiso do banco. Todos os nosos pícaros: as tabletas, os
teléfonos portá-tiles,... teñen traballo asegurado. Seremos moeda
de cambio da liberdade mentras exista un banco galego.
*
(…) nunca antes das catro do serán do 24 de maio de 2134 as
televisións de plasma superarán en vendas ás tradicionáis en
Galicia sen un pulo (…) Vertemos ao galego este texto para
demostrar que nós, un proxecto privado galego, somos máis galegos
ca Xunta, un proxecto público galego.
Aquí en pdf.
Ningún comentario:
Publicar un comentario