 |
| Rúa Picos, 6 da Coruña |
Meses antes, grazas a
Pablo Outón, que estaba a pintar o magnífico
grafiti que podedes ver na foto, descubrimos unha outra realidade
semellante, detrás da porta do primeiro barco pola dereita hai unha calella que leva á entrada
de varias casas particulares. [Espazo entre as rúas Vista e Mariñas]
 |
| Rúa Mariñas de A Coruña |
Nesta
ligazón poden ver a porta aberta que da acceso a calella. [Data da consulta
25/08/2017]
Na Cidade Vella sei de dúas, unha transversal á rúa Tabernas:
 |
| Rúa Tabernas, 10 da Coruña |
|
|
e outra na praza da Constitución ao carón da igrexa de Santiago a rúa da reixa dourada:
 |
| Rúa da reixa dourada |
Sen dúbida a máis coñecida, por estar no centro e sempre á vista, é a calella de San Telmo da que escribía o
Juan Naya no seu
Calles y plazas coruñesas, volumen 2 (1975):
Principia en la Rúa
Nueva y no tiene salida.
Realmente, el
llamado actualmente y desde hace años callejón de San Telmo es y
fue más exactamente una “venela”, término gallego,
particularmente coruñés que viene a ser una calleja estrecha entre
viviendas destinada al tránsito para los dueños y vecinos
colindantes a uno y otro lado. Por extensión aplícase también al
trozo de terreno laborable, que no se cultiva y está entre dos
fincas labradías.
La época en que a
este callejón o “venela” se le dio el nombre de San Telmo es
dificilísimo de precisa. Quizá lo fuese cuando se comenzó a trazar
la Rúa Nueva, una de las más antiguas vías de La Coruña [...]
Tamén o Ángel Padín Panizo no
La Coruña: sus barrios y sus calles di na entrada que adica á rúa Nova:
Son calles transversales [...] así como el callejón o venela de
San Telmo.
 |
| Venela de San Telmo da Coruña |
 |
| Venela de San Telmo. |
Non son estes espazos pois calellas senón venelas.
A venela e unha institución propia do dereito galego que ven xurídicamente descrita nos núms. 3 e 4 do
art. 75 da Lei de dereito civil de Galicia.
3. O resío ou a franxa de terreo sen cultivar que rodea os
muros ou as construcións con fins de mantemento ou separación
enténdese, agás proba en contrario, que pertence ao propietario do
muro ou da construción. Para os efectos de determinar a súa
largura terase en conta o costume do lugar.
4. A venela ou a suma de dous resíos deixados polos
propietarios de muros ou construcións contiguas ou estremeiras con
fins de mantemento ou separación enténdese que está dividida, agás
proba en contrario, por unha liña que correrá equidistante de
ambas as dúas construcións.
A venela é polo tanto unha das institucións do noso dereito derivada das
relacións de veciñanza e estas venelas, ou calellas, coruñesas son -salvo proba en contrario [como dicimos os xuristas]- propiedade
privada dos veciños titulares das fincas adxacentes.
A titularidade privada destes espacios é innegable e xa nun regulamento de 1794? amosábase a necesidade de que os donos coidaran o estado das súas venelas:
Ocuparán edificando los inmediatos
dueños todas las venelas, ó callejuelas ciegas, que se hallan en
el recinto de la Población, cerrándolas con puertas, ó à cal, y
canto ínterin no lo egecutan, sin arrojar en ellas inmundicias,
excrementos, Aves, Gatos, y Reses muertas, ni otros materiales
algunos que causen corrupcion, u mal olor en grave perjuicio de los
transeuntes, y de la misma salud pública, bajo la propia pena que
queda señalada.
Juan Naya reivindicaba o nome coruñés "venela" para a de San Telmo e debe levalo tamén a da reixa dourada; as outras tres lévanno por dereito propio xa que o Concello non osou nomear o que se atopaba tras as portas
Máis en:
San Telmo, la “venela” más céntrica de la ciudad, de M.
Gutiérrez.
La Coruña: sus barrios y sus calles, de Ángel Padín Panizo. Vía
lactéa editorial. 1997.
Calles y plazas coruñesas, de Juan Naya Pérez. Volumen 2. 1975.