martes, xaneiro 24, 2017

Últimas novas sobre José Biobardi: a estrea atlántica da Marea no Xanrei

O número 17 da revista argentina A media Luz (publicado na primavera austral de 2007) publicou o seguinte artigo asinado por ABR:

A MAREA NO XANREI, UN ESTRIBILLO INÉDITO DE JOSÉ BIOBARDI


A MAREA NO XANREI

Sube coa lúa
a melancolía
“Preamar as oito”
-anunciaba o diario.
A máis afouta onda
móllame o corazón,
móllame o corazón
que se torna pesao

LA MAREA EN EL XANREI1

Sube con la luna
la melancolía
“Pleamar a las ocho”
-anunciaba el diario.
La ola más osada
me moja el corazón,
me moja el corazón
que se torna pesado.

El manuscrito que publicamos en nuestra portada apareció en el reverso de una factura de alquiler dentro de un ejemplar de Romancero gitano lleno de anotaciones hechas por el tanguista José Biobardi. Afortunadamente, el libro y la factura cayeron en las manos del doctor Luis Alposta que lo puso a disposición de nuestra redacción para sacar a la luz pública este documento singular. El idioma en el que está escrito es, como ya sabrán la mayoría de nuestros lectores, galego lo que parece confirmar las recientes teorías sobre el origen español del célebre cantor.

Los versos no se corresponden con ninguno de los tangos que hasta ahora conocemos de Biobardi, ni tampoco sabíamos que hubiera tangos en galego más allá de las traducciones de clásicos que hizo recientemente Antón Santamarina Delgado para la cantante Graciela Pereira.

Al margen de interpretaciones chovinistas, como la que Aquilino Fernández Artelo sostiene en su estudio As orixes galegas do tango (Los orígenes gallegos del tango) es innegable que la gran afluencia de gallegos a Argentina y Uruguay tuvo que notarse necesariamente en la cultura popular de estos dos países, aunque la influencia puede que no vaya más allá, que no es poco, de una fuente de palabras para el lunfardo y la escuadra gallega de grandes del tango: Víctor Soliño, José Barreiro, Eduardo Calvo, José Vázquez y Manuel Parada. A los que ahora, de confirmarse la tesis que se desprende de este manuscrito, habrá que añadir a José Biobardi.

ABR.
1      No me ha sido posible traducir la palabra “Xanrei” que, casi sin duda, es un topónimo de Galicia. (Nota de ABR na revista A media luz).
Por casualidade lin (e fotocopiei) en 2008 este artigo e anos despois (en 2012), cando xa vivía na Coruña, asistín ao curso do que naceu o colectivo literario In nave civitas; alá, no local do Clube do Mar, tamén estaba Antón Santamarina Delgado, gardián da memoria dos galegos de Buenos Aires. 


Usei aquel artigo do 2008 para armar o meu traballo de fin de curso sobre unha das pedras da península da Torre (o Xanrei) e o retrouso do tango de Biobardi:

Sube coa lúa
a melancolía
preamar as oito
-anunciaba o diario.
A máis afouta onda
móllame o corazón,
móllame o corazón
que se torna pesao.

avivou as súas lembranzas. E el mais Argentina, Tinuca, a súa dona, comezaron a procura nos seus arquivos, e de entre aqueles papeis ultramarinos saiu, por casualidade, o resto do tango A marea no Xanrei.

Logo Xurxo Souto pasoulle a Nacho López a letra recuperada e Nacho armoulle unha música que poidemos escoitar no Borrazás o 22/12/2012.


Os tres trebóns e amigas interpretaron unha versión máis poderosa na primeira actuación (Km. 0) da xira Xangai

Este é o video que Teresa Ramiro gravou do evento:


 A marea no Xanrei, Os tres trebóns, Sala Mardi Grass, A Coruña, 26/12/2016.
Vídeo de Teresa Ramiro.


luns, xaneiro 23, 2017

Rematando a Marineda soñada de Urbano Lugrís


O MURAL «MARINEDA SOÑADA» VOLTA AO SEU ESTADO ORIXINAL.



Foto de Javier Alborés para El Ideal gallego.

Tras romper coas súas sinaturas a harmonía orixinal do deseño de Urbano Lugrís, os grafiteiros fixéronse cargo dos custes da pintura necesaria para reparalo.

O pasado 29/12/2016 o mural que Kse (coa colaboración de Choupa, un alumno do IES Eusebio da Guarda que se sumou ao traballo tras coñecer o proxecto) pintou na praza de Pontevedra por iniciativa do colectivo In nave civitas e a asociación cultural O Mural para conmemorar o VII día Lugrís amaneceu cunhas pintadas que rompían a harmonía do horizonte da serigrafía orixinal creada por Urbano Lugrís González.

O propio Kse localizou e falou cos grafiteiros -que como adoitan facer asinaran o su traballo- e tras explicarlles o motivo da obra e a razón pola que se pintara naquel muro comprometéronse a correr cos custes da pintura necesaria para devolvela ao seu estado orixinal.

Após de que os grafiteiros achegaran a pintura, Kse retomou o traballo para rematar o mural e devolver a beleza a ese recuncho da nosa cidade que xa luce sen aquelas sinaturas.

O grafiti ficará rematado, se Neptuno quere, esta semana.



Máis en:

In nave civitas:  VII día Lugrís
 

Constelación decimoctava:

Os medios locais tamén nolo contan:


Coruña en la onda: Les contamos la historia del grafiti de la plaza de Pontevedra. (A partir do minuto 46:41)




xoves, xaneiro 19, 2017

Sobre Urbano Lugrís en Ondas do cárcere

O pasado venres (13/01/2017) as amigas de Proxecto Cárcere convidaron a Rodrigo Osorio a falar de Urbano Lugrís González no seu Ondas do Cárcere.

Se querede podedes escoitar o programa aquí:


luns, xaneiro 16, 2017

Deseño intelixente, proposta para o sonigrama 122

Este é o sonigrama 122 do Diario Cultural da Radio Galega.


E esta a proposta de Rodrigo Osorio que volta con forza a participar no concurso:

DESEÑO INTELIXENTE



Este traballo no sector 7 é pura rutina, cumprir co protocolo de implantación da conciencia do eterno seguindo os plans do Deseñador...




sementar animismo no momento estelar 1350...




panteísmo, 750 unidades estelares despois...




ritos xerárquizados no intre 5415-8...




bailes tribais naquela illa...




e de remate... a autoconsciencia.





E ese berro? Ai! Coido que me pasei coa dose de comprensión.



Léronna no programa de hoxe e podedes escoitala a partir do minuto 39:55 (aprox.)