Amosando publicacións coa etiqueta Apuntamentos para un Novo dicionario do diaño. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Apuntamentos para un Novo dicionario do diaño. Amosar todas as publicacións

venres, decembro 29, 2017

Liberdade con cargos (Apuntamentos para un Novo dicionario do diaño)

Liberdade con cargos: (Locución) Medida cautelar na que a persoa titular do poder xudicial atribúe a un presuntodelincuente polo menos dous postos de responsabilidade en calquera órgano ou institución dos poderes lexislativo ou executivo a custa do erario. O presunto delincuente ten que ocupar os ditos postos provisionalmente até que sexa firme a sentenza que poña fin ao proceso penal.

luns, outubro 02, 2017

Adoutrinamento / Adoutrinar / Educar (Apuntes para un Novo dicionario do diaño)

Adoutrinamento (subs. masc.)

Acción de adoutrinar.


Adoutrinar (v. trans.)

Acción de educar vista dende a perspectiva dunha persoa infiel.


Educar (v. trans.)

Sementar unha fe nas mentes das crías humanas.

sábado, setembro 28, 2013

Culpable ou penalmente responsable

 
Persoa que cando é investigada pola súa intervención en feitos que poden ser constitutivos de delito os medios de formación de masas dín que é culpable ou penalmente responsable. Nalgúns estados de dereito cabe a revisión da condena ante as autoridades xudiciais. Nos estados democráticos máis desenvolvidos todo remata en linchamento.
 

luns, agosto 26, 2013

Peñón


Peñón (sust).-

1. Peñazo

2. Cálculo en las gónadas soberanas

luns, agosto 19, 2013

Filántropo/a


Filántropo/a (adx).- persoa que dedica unha pequena parte dos cartos acadados grazas a explotación e escravitude de outras para axudar un pouquiño a unhas terceiras.







(Acepción tirada da prensa peninsular en agosto de 2013)