Amosando publicacións coa etiqueta Rebusco electrónico.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rebusco electrónico.. Amosar todas as publicacións

xoves, decembro 28, 2017

O apéndice de Sergio B. Landrove




As Páginas escogidas, de Rafael Sánchez Ferlosio (Literatura Random House, 2017) teñen un Apéndice titulado Don Jacinto Batalla y Valbellido. Sentencias, donaires, apuntes y recuerdos de un maestro apócrifo no que o editor da selección (Ignacio Echeverría) compila todas as referencias e citas que RSF fai da obra de don Jacinto.

O apéndice comeza así:
En este apéndice se reúnen y ordenan todas las referencias que hace [Rafael Sánchez Ferlosio] a su personalidad y a sus obras, así como todas las citas conocidas de sus dichos y escritos. Los editores hacen constan que fue Sergio B. Landrove, en un artículo publicado en la revista digital El Coloquio de los Perros (Jacinto Batalla y Valbellido, un autor de referencia, 23 de marzo de 2014), quien tuvo por vez primera la iniciativa de recopilar cuantos datos se disponen sobre la figura de este personaje apócrifo. Lo que sigue aprovecha en buena medida su trabajo.
e, claro, eu estou feliz.

venres, setembro 01, 2017

Vidas in vano no núm. 46 de Luzes de Galiza

A sección cartafol do número 46 da revista Luzes de Galiza acolle unha escolma de fotografías de Pilar Silva baixo o título Intramuros.

Capa do núm. 46 de Luzes

Pilar escolleu un texto de Rodrigo Osorio para encabezar a dita selección:
INTRAMUROS
(Vidas in vano)

É perigoso asomarse ao interior. Vidas abertas nunha natureza morta. Vidas pechadas tras a luz. Portas que dan a un infinito branco. Abrir fiestras para airear o mundo. Pecharse na rúa. Ninguén pode agocharse no interior. As vidas, vanas ou fructíferas, amósanse tamén tras os muros.
Pero o que paga a pena son, sen dúbida algunha, as súas fotografías.

martes, agosto 15, 2017

Linguaxe inclusiva e Corán






Lendo La cara desnuda de la mujer árabe (curioso título da edición en castellano de The hidden face of Eve, de نوال السعداوي -Naual Al Saadaui- na edición de 1991 da editorial horas y Horas) atopo unha cousa sorprendente.

Hind bint Abi Umayya (هند بنت أبي أمية) tamén coñecida como Um Salama, a sexta muller do profeta Mahoma (ابو القاسم امحمد ابن عبد الله ابن عبد المطلب ابن هاشم القريش) queixouse da redacción do Corán e lle dixo ao seu esposo:

Hemos proclamado nuestra fe en el islam y hemos hecho lo que vosotros habéis hecho. ¿Como puede ser que a vosotros, los hombres, se os mencione en el Corán, mientras que a nosotras se nos ignore?
[La cara desnuda de la mujer árabe. Naual Al Saadaui. Editorial horas y HORAS. 2011 pax. 312 e 313. Tradución de María Luisa Fuentes]
A orixe da cita é O Libro das clases principais, de Muhammad Ibn Saad (Naual Al Saadaui citao na páx. 140)

Deseguido incorporouse ao Corán a seguinte revelación:

Los musulmanes y las musulmanas, / Los hombres creyentes y las mujeres creyentes, / Los hombres piadosos y las mujeres piadosas, / Los hombres sinceros y las mujeres sinceras, / Los hombres pacientes y las mujeres pacientes, / Los hombres conscientes de Al-lâh y las mujeres conscientes de Al-lâh / Los hombres que dan limosna y las mujeres que dan limosna, / Los hombres que ayunan y las mujeres que ayunan, / Los que custodian y las que custodian sus partes pudendas, / Los que invocan mucho a Al-lâh y las que hacen lo mismo, / Para ellos Al-lâh ha preparado perdón y magnífica recompensa


 
Descubro unha victoria da linguaxe inclusiva nun tempo (século VII) e nunha xeografía (a península arábiga) que me obriga (nos obriga?) a replantearme (nos)  moitas cousas.



P.S. Deste ensaio hai unha edición en castellano máis recente na que a editorial (Kailas) respetou o título: La  cara oculta de Eva.

luns, abril 14, 2014

Rafael Sánchez Ferlosio en los mapas de gúguel




El otro día preparando un viaje a Madrid con los mapas de gúguel me encontré con la imagen que les copio aquí arriba.

El barrio es el suyo (o eso dicen los periódicos), la casa es en la que vive (hasta dónde yo he podido averiguar) por lo que... ¡tiene que ser él!

Uno de los escritores más esquivos con los medios retratado en el más cotilla de todos. ¿Rafael Sánchez Ferlosio? habla con el cartero con los periódicos bajo el brazo a la puerta de su casa.


Nota.- No dejo la captura de pantalla entera porque se vería dónde vive exactamente y no quiero dañar más su intimidad.


luns, marzo 31, 2014

Jacinto Batalla y Valbellido, un autor de referencia

(Un artigo en castellano)


Os amigos da ciberrevista El coloquio de los perros voltan a contar cun meu tento .

Neste caso  acordei a miña faciana de cazador de autores inexistentes para presentar as obras (polo momento) completas do apócrifo escritor, Jacinto Batalla, inventado por Rafael Sánchez Ferlosio.

Poden ler o artigo completo pulsando aquí abaixo:



xoves, marzo 14, 2013

Os murais de Urbano Lugrís no baixo do número 27 da rúa Olmos en perigo.

In nave civitas alerta do perigo da perda dos murais de Urbano Lugrís.
Esta semana comezaron unhas obras no baixo do antigo restaurante Fornos (logo, creperia La Bottega) na rúa Olmos, 27. Este é un dos poucos locais da zona de viños coruñesa que conserva -ou conservaba cando a crepería estaba aberta ao público- muráis do pintor coruñés Urbano Lugrís.

Dende o colectivo In nave civitas queremos facer unha chamada para que esa reforma sirva para que todas podamos voltar a desfrutar dos muraís sur-marinos.

Agardamos non ter que chorar a perda doutro mural irrepetible do noso señor Lugrís.

Medre o mar!
 
O estado da obra o martes 12.03.2013:


O estado da obra o mércores 13.03.2013: onde estaba o escaparate hai dous ocos: unha porta e una fiestra.
 





(As fotografías son miñas e  as tomei cun teléfono móbil, só serven para facerse unha idea)
 Os amigos do Diario Cultural da Radio Galega acolleron o noso comunicado hoxe. Se quere pode escoitalo pulsando no enlance (comeza no minuto 16:49, aprox.)
 
Qué hai -ou había- no baixo da rúa Olmos, 27? 
Un mural dos que o Noso Señor Lugrís facía nas tabernas para gañar uns duros, como o que hoxe está no Veccio -rúa Real da Coruña- ou os da Mundiña -na rúa da Estrela
Algúns recunchos do mural do antigo restaurante Fornos:
 
Antón Patiñó e Xurxo Souto brinda por Urbano Lugrís (Foto G. Tizó para El País)  
 E do ...mmmm..., ciberbitácora de Estíbaliz Espinosa as seguintes fotos:



 
 

luns, xaneiro 14, 2013

III DÍA LUGRÍS (22.12.2012)




 
  Urbano Lugrís ( Fuente de la imagen

 
20:00 horas. Ao pé do obelisco.










Ao son da gaita e o tambor debuxamos nos nosos paraugas motivos mariños para lucir na manifestación atlántica que nos levou atá o lugar no que Urbano Lugrís tivo o seu estudio (Rúa da Estrela).

Os siareiros do pintor sur-marino manifestámonos aos gritos de

“O que pintou a marola, pintou a mar toda!”

“Menos derrotismo e máis surrealismo!”

Unha manifestación a favor que foi recibida polas terrícolas e os terrícolos con acenos de asombro.





20:30 horas. Camarote submarino.




Na rúa da mantelería, Pablo Outón rematou o seu frustrado grafite do ano pasado nunha das paredes que pechaba o estudio no que Urbano Lugrís pintou moitas das obras das que tanto gustamos.

 No 2011 cando estaba pintando a policía do Concello retiroulle o materia e a pintura quedou a medias. Este ano, xa con licenza municipal, a rúa de Mantelería conta cun novo grafite.


(Pablo Outón retoca o grafite mentras entoa o berro mollado)


Despois da cea pasamos a ver o grafite e Outón dixo: "As pinturas, como ás mulleres, hai que velas de día!” 

A mañá seguinte a obra estaba así:



21:00 horas. A habitación do vello mariñeiro.

Acto poético do colectivo In nave civitas no bar Borrazás (rúa do Orzán)

Xosé Iglesias:

TRANSFUSIÓN OCEÁNICA

Eu, creo que sou humano reconvertido,
e sinto, que nalgún momento
sufrín transfusión oceánica,
porque esta sangue do meu corpo
non é sangue, é sangue salgada.
Sinto tamén que sufrín metamorfose,
non é nariz a miña senón proa,
non son brazos os meus senón amuras
e as miñas costelas cadernas…
Todo min forma un esqueleto naval.
E esa barriga que se afunde no mar
estabilidade contras as ondas de costado.
Son humano, son barco, son tantas cousas.....
Eu, creo que son árbore, porque sempre me chove,
sempre me venta, sempre me dá o sol.
tamén creo que sou paxaro, porque os peixes
venme   voar   entre  as  ondas, e subo, baixo,
fago  siluetas acrobáticas ou  simplemente voo raso.
Así me ven, un paxaro voando no océano…
Miran cara enriba, e alí estou coa proa,
as amuras, a popa, a barriga, o eixe…
Eu son mariñeiro,  e  o mar móllame   a  alma,
salinízame e golpéame o corazón.
e eu, non podo  facer máis nada,
senon  ser   árbore,  ser barco,  ser  paxaro...
en serio,  nada podo  facer,

NADA, PORQUE MARIÑEIRO SOU.

Teresa Ramiro:


Se queres escrever este país, aprende primeiro a lé-lo
Mía Couto

A RABALEIRA

Sobre a pedra de A Rabaleira
deslizan seus sonhos ,os percebeiros,
sombras dunha esperanza que se quebra
coma a onda na crista dos rochedos.
Coiteladas de vida
coiteladas de sal !...

Rabaleira ti es pedra ,eles son carne,
terra e vento ,inmersos no mesmo mar.
Sobre o teu ventre fecundo brincan
enchendo de vida o cesto dos sonhos.


Coiteladas de vida
coiteladas de sal !...


Con sorrisos de escuma mordendo con furia,
sedento de sombras , en doce cantiga,
vestindo de lágrimas un berro amargo,
o mar os arrola ,roubándolles a vida.

Coiteladas de vida
coiteladas de sal!...


NO MAR CRECERÁN SEMPRE ROSAS.

Destes versos tirou unha música Xurxo Souto que interpretou por vez primeira ese día:



Xurxo Gago:

O GRELLE

Baixo o ceo do atlántico
un pequeno recuncho resgardado
tralos meixóns do Gancho,
O Grelle, co seu areal dourado.
Augas verdes, fitoplacton,
diversidade de fauna e flora
nun mundo máxico mergullado
de centolas e de gorgonias,
de nudibranquios e de esponxas,
somerxido lenzo debuxado
pola natureza benfeitora
nun atraente lugar enfeitizado.
Teno escrito na súa historia,
aqueles tempos de paga e cobra,
do pagadoiro do fielato,
e os consumeiros noutrora,
naqueles tempos do pasado,
mercadorías e manobras
cobradores entregaban robras
e O Grelle teno gravado.
Neste recuncho resgardado
dos ventos recollido
vese un mundo ven pintado
de fortes cores moi vivos.
É O Grelle refuxiado,
na cidade dos sentidos,
na Coruña, cidade barco
a dos futuros soños cumpridos.


Rodrigo Osorio:

José Biobardi foi un coñecido cantante de tangos bonaerense que na década dos vinte competiu en xusta lid con Gardel polo cetro de rei do tango, a súa querencia pola bohemia e o hampa, e o seu nulo control das súas máis baixas pasións fixerónlle ser moito mellor cantante, autor e intérprete que Carlitos pero menos de fiar para as compañías discográficas, polo que hoxe é un descoñecido do que só disfruta un selecto grupo de melómanos sibaritas.

Biobardi morreu, como non podía ser doutro xeito, nunha liorta nun modesto lupanar, hoxe visitado por moitos dos seus seareiros.

Aquilino Fernández Artelo no breve ensaio As orixes galegas do tango (Imprenta de la Universidad Nacional de Buenos Aires, 2003). sostén que “Biobardi” era un falso apelido pseudo italián que usou un inmigrante coruñés, Xosé Falperra, como nome artístico na escea porteña. Baseaba a súa tese no falso lunfardo que adoitaba empregar Biobardi nas súas letras, plagado de galeguismos (por exemplo o “asiña”, empregado na súa coñecida milonga “Tango y medio”), na testemuña dalgún dos seus veciños e no ruxerruxe de que José levaba tatuada unha Torre de Hércules no peito.

O número 17 da revista arxentina A media luz ven de publicar A marea no Xanrei, de José Biobardi con este texto explicativo das circunstancias do seu achado:

O texto que hoxe publicamos apareceu escrito no reverso dunha factura de alugueiro dentro dun exemplar de Romancero gitano cheo de anotacións feitas pola man do gran tanguista José Biobardi. A lingua na que está escrito é, como saberán a maioría dos nosos lectores, galego o que semella confirmar as recentes teorías sobre a orixe española do célebre tanguista, (...)

A aparición destes versos semella confirmar (como di o redactor de A media luz) a hipótese defendida por Fernández Artelo. O tanguista escribía as cancións primeiro en galego e logo as vertía ao español deixando algunhas verbas da súa lingua materna que pasaron, por obra e graza da sona que os seus temas tiveron no seu tempo, ao lunfardo. A referencia ao Xanrei so pode confirmar a súa orixe coruñesa pois ise e o nome dun dos cons máis saudosos da costa da Coruña.


A MAREA NO XANREI, de José Biobardi



Eu varado no Xanrei

agardo por miña amada,

baixo a luz do albor,

nesta rocha fronteiriza

entre o meu mundo e o seu

na que vivimos os dous

unha hora cada día,

unha pinga no eterno,

antes de saír o sol.

Na que bailamos ben xuntos

e nos amamos a modo

antes de saír o sol.



Retrouso:



Sube coa lúa

a melancolía

preamar ás oito

-anunciaba o diario.

A mais afouta onda

móllame o corazón

móllame o corazón

que se torna pesado.



Ninguén aprobou o noso,

advertironnos ben cedo

que cerca estaba o final:

“Nunca un home mariño

e unha mariscadora

xuntos poderán vogar!”

Pero todos estes meses

de soñar e bailar xuntos

foron quen de me enganar

crin que dúas vontades

lonxe de todo prexuizo

poden vaciar o mar.



(Retrouso)





Onte non veu á cita

e a ausencia sen aviso

confirmoume o peor

que o seu bico doutro día,

un trebón nas nosas bocas,

anunciábame o adiós,

o naufraxio das linguas,

o pique da miña vida,

a quebra do corazón,

o afundimento de todo

o garete das palabras

a deriva do aló.



(Retrouso)



Foi imposible recuperar a música orixinal do tango pero Nacho López (de Jarbanzo Negro) interpretouno no Borrazás despois de reconstruila:




Outra versión do tango pódena escoitar aquí.


Logo, Serafin Mourelle, patron do mar de Irlanda, recitou dos poemas que ainda non puiden recuperar para incorporar a esta crónica.

Manuel Rivas uniuse ao acto e recitou:

MEU AMOR CONTRABANDISTA

Meu amor anda ás crebas pola beiramar.
Vai preñada de vento,
vai preñada de néboa,
do lóstrego vai,
todo o apaña
apáñao todo
coa luz beatísima do seu vesgo ollar.
O ben que se leva co temporal,
como o amansa,
24 fotogramas por minuto,
a dureza mística,
a luz facinorosa
do seu pestanexar.
E el dálle zapatos sempre do mesmo pé,
o andar dos deuses coxos do mar.
Meu amor enche o ventre
de seixos silábicos,
de runas, de aghoams,
de voces baixas,
pictogramas coprófagos
que crían nos excrementos da lúa.
Meu amor anda ás crebas pola beira da esfera,
nas estradas solitarias,
no ceo dos manequíns
onde rompen as nubes,
nos cemiterios dos pingüíns xigantes
cos seus portafolios de naturezas mortas.
Vai preñada por dentro,
cara dentro,
como unha guía en tempo de éxodo.
Ese ollar delincuente,
ese corpo de contrabandista de seda,
esa voz rouca.
Durmía cos ollos abertos meu amor.
Non sei vivir
sen o rumor do seu vesgo ollar.
Meu amor anda ás crebas na noite.
Apaña os restos aleixados
do ben e do mal,
un cargamento ultramarino de esdrúxulas,
un fardo de cousas septiformes,
o contedor de frascos de potencias da alma.
Veni Sancte Spiritus,
meu amor atopou ao bébedo Xonás.
Meu amor di que Xonás era el o gran peixe.
Xonás preñado de seu,
de abismo.
Meu amor funde os pés na area,
leva no ventre un arfar canso de nai virxe,
un canto de gorxa inuit,
o nome impronunciábel do mesmo temporal.
Meu amor vai parindo de pe
o poema da illa.
Cercada polas ondas,
o corpo aberto,
a ollada fértil,
as mans vesgas
a amasar,
a levedar o tempo petrificado.
Et tui amoris in eis ignem accende
and kindle in them the fire of thy love.
Meu amor enténdese co mar,
ese fillo de puta,
meu amor.


Epílogo: A cea coruñesa. (Cosmoba, rúa do Orzán)

O noso señor Lugrís inventou o que deu en chamar o "menú tradicional coruñés" que de acordo coas testemuñas consistía en:

- Tortilla de longueiróns de Bastiagueiro
- Faneca de pilo (de Riazor)
- Ternera lardeada con pementos de Betanzos
- Sobremesas: canas con limón e canela, papas de arroz á vainilla e queixo de Texeiro.
- Viños do Ribeiro, tinto er blanco, e agudelo de Betanzos.
- Café e licores.
- Farias da fábrica de tabacos da  Coruña

Ante as imposibilidades física (moitos dos produtos xa non existen nin os nosos estómagos serían quen de soportar a inxente cantidade de comida) de reproducir a mítica cea coruñesa que argallou Lugrís, Xurxo Souto encargou aos do Cosmoba unha cea mariñeira digna do noso señor Urbano Lugrís.

Como proba os dous platos principais:




O postre foi unha contundente larpeira cuberta de chiculate.

Comida, viño, música e ledicia... Que mellor xeito de celebrar a obra de Urbano Lugrís?



E -como di o noso capitán (Xurxo Souto)- para rematar... Que continúe!



Medre o mar!
Coiteladas de vida! Coiteladas de sal!


Fotos e videos: Ana B.; Xosé Iglesias e Xurxo Gago.