Amosando publicacións coa etiqueta O ovo e o foro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta O ovo e o foro. Amosar todas as publicacións

mércores, xaneiro 31, 2018

Unha orde de ida e volta en Praza Pública.

Ás responsables do xornal dixital Praza pública   hoxe acollen artigo  Unha orde de ida e volta do meu vello amigo, Rodrigo Osorio, sobre a intrépida medida adoptada polo director xeral de xustiza da Xunta de Galicia.


venres, decembro 29, 2017

Liberdade con cargos (Apuntamentos para un Novo dicionario do diaño)

Liberdade con cargos: (Locución) Medida cautelar na que a persoa titular do poder xudicial atribúe a un presuntodelincuente polo menos dous postos de responsabilidade en calquera órgano ou institución dos poderes lexislativo ou executivo a custa do erario. O presunto delincuente ten que ocupar os ditos postos provisionalmente até que sexa firme a sentenza que poña fin ao proceso penal.

mércores, agosto 30, 2017

Unha escolma das venelas da cidade da Coruña


Intramuros, detrás das portas, (ven o sabe a fotógrafa Pilar Silva) agóchanse tesouros incribles. Fai pouco paseando pola Coruña atopeime con isto na rúa Picos:
Rúa Picos, 6 da Coruña
Meses antes, grazas a Pablo Outón, que estaba a pintar o magnífico grafiti que podedes ver na foto, descubrimos unha outra realidade semellante, detrás da porta do primeiro barco pola dereita hai unha calella que leva á entrada de varias casas particulares. [Espazo entre as rúas Vista e Mariñas]
Rúa Mariñas de A Coruña
Nesta ligazón poden ver a porta aberta que da acceso a calella. [Data da consulta 25/08/2017]

Na Cidade Vella sei de dúas, unha transversal á rúa Tabernas:
Rúa Tabernas, 10 da Coruña

e outra na praza da Constitución ao carón da igrexa de Santiago a rúa da reixa dourada:


Rúa da reixa dourada

Sen dúbida a máis coñecida, por estar no centro e sempre á vista, é a calella de San Telmo da que escribía o Juan Naya no seu Calles y plazas coruñesas, volumen 2 (1975):
Principia en la Rúa Nueva y no tiene salida.

Realmente, el llamado actualmente y desde hace años callejón de San Telmo es y fue más exactamente una “venela”, término gallego, particularmente coruñés que viene a ser una calleja estrecha entre viviendas destinada al tránsito para los dueños y vecinos colindantes a uno y otro lado. Por extensión aplícase también al trozo de terreno laborable, que no se cultiva y está entre dos fincas labradías.

La época en que a este callejón o “venela” se le dio el nombre de San Telmo es dificilísimo de precisa. Quizá lo fuese cuando se comenzó a trazar la Rúa Nueva, una de las más antiguas vías de La Coruña [...]
Tamén o Ángel Padín Panizo no La Coruña: sus barrios y sus calles di na entrada que adica á rúa Nova:
Son calles transversales [...] así como el callejón o venela de San Telmo.
Venela de San Telmo da Coruña
Venela de San Telmo.

Non son estes espazos pois calellas senón venelas.

A venela e unha institución propia do dereito galego que ven xurídicamente descrita nos núms. 3 e 4 do art. 75 da Lei de dereito civil de Galicia.

3. O resío ou a franxa de terreo sen cultivar que rodea os muros ou as construcións con fins de mantemento ou separación enténdese, agás proba en contrario, que pertence ao propietario do muro ou da construción. Para os efectos de determinar a súa largura terase en conta o costume do lugar.


4. A venela ou a suma de dous resíos deixados polos propietarios de muros ou construcións contiguas ou estremeiras con fins de mantemento ou separación enténdese que está dividida, agás proba en contrario, por unha liña que correrá equidistante de ambas as dúas construcións.
A venela é polo  tanto unha das institucións do noso dereito derivada das relacións de veciñanza e estas venelas, ou calellas, coruñesas son -salvo proba en contrario [como dicimos os xuristas]- propiedade privada dos veciños titulares das fincas adxacentes.

A titularidade privada destes espacios é innegable e xa nun regulamento de 1794? amosábase a necesidade de que os donos coidaran o estado das súas venelas:
 
Ocuparán edificando los inmediatos dueños todas las venelas, ó callejuelas ciegas, que se hallan en el recinto de la Población, cerrándolas con puertas, ó à cal, y canto ínterin no lo egecutan, sin arrojar en ellas inmundicias, excrementos, Aves, Gatos, y Reses muertas, ni otros materiales algunos que causen corrupcion, u mal olor en grave perjuicio de los transeuntes, y de la misma salud pública, bajo la propia pena que queda señalada.

Juan Naya reivindicaba o nome coruñés "venela" para a de San Telmo e debe levalo tamén a da reixa dourada; as outras tres lévanno por dereito propio xa que o Concello non osou nomear o que se atopaba tras as portas


Máis en:

San Telmo, la “venela” más céntrica de la ciudad, de M. Gutiérrez.
 
La Coruña: sus barrios y sus calles, de Ángel Padín Panizo. Vía lactéa editorial. 1997.

Calles y plazas coruñesas, de Juan Naya Pérez. Volumen 2. 1975.

martes, abril 04, 2017

As vellas oficinas xudiciais na nova Fábrica de Tabacos da Coruña

O xornal Praza pública  hospedou no seu cibersitio o tento As vellas oficinas xudiciais na nova Fábrica de Tabacos da Coruña (Que orixinariamente se titulaba "Non sal o toxo de toxo..." ) de Rodrigo Osorio, que semella que quere seguir facendo amigos no choio.

xoves, marzo 16, 2017

PAPEL A MANCHEAS NOS XULGADOS DA CORUÑA


[Un tento de Rodrigo Osorio]
Fonte da fotografía.

Para a completa ciber-tramitación dos expedientes nas oficinas xudiciais (o moi publicitado «papel cero») queda moito tempo e no caso de Galicia, aínda máis. Semella que o conselleiro de xustiza non leu a meirande parte das normas coas que dende 2009 os lexisladores quixeron actualizar a administración de xustiza ou que de telas lido, a vontade do goberno galego é non cumprir as leis estatais neste eido.
Para coñecer a política da Xunta de Galicia en materia de administración de xustiza o caso do expediente dixital é paradigmático. Unha das reformas de outubro de 2015 (a lei 42/2015) establecía tres prazos para rematar con case que todo o papel nas oficinas xudiciais:
- dende o 1 de xaneiro de 2016, os avogados e os procuradores estaban obrigados a presentar todos os escritos de xeito electrónico.
- dende o 1 de xaneiro de 2017, as administracións públicas debían ter preparada a plataforma para que os particulares que quixer e as persoas xurídicas, obrigadas por imperativo legal a facelo, presentaran de xeito electrónico os seus escritos.
- a partir o 1 de xaneiro de 2018, o Ministerio Fiscal incorporarase plenamente ao novo xeito de presentar escritos.
Vencidos os dous primeiros prazos a falla de vontade da Xunta de Galicia é patente: as persoas xurídicas non poden cumprir coa súa obriga de presentar as demandas de xeito electrónico porque en Galicia (non sucede o mesmo noutras comunidades autónomas) faltan os medios para facelo. E a ausencia de previsión legal para o caso de falla de medios obrigou a algunhas responsables a ditar resolucións de dubidosa legalidade para non impedir o acceso a xustiza das persoas xurídicas.
Amais, a Dirección Xeral de Xustiza nin sequera foi quen de dotar a todas as oficinas xudiciais de Galicia dos mesmos medios para a ciber-tramitación, e estas eivas do poder executivo teñen que ser emendadas polas traballadoras usando métodos «pre-modernos» (aceptando a terminoloxía usada polos nosos dirixentes), deseguido dúas ilustracións da situación (nos xulgados de primeira instancia da cidade da Coruña):
I
Cando un xulgado se inhibe por non ter competencia para coñecer dunha demanda que presentaron na súa oficina, ten que remitir o procedemento ao xulgado que pensa que é competente.
Aínda que o primeiro xulgado tramite todo de xeito electrónico, a ausencia dun sistema que permita a remisión dixital do expediente obriga a imprimir todos os escritos e resolucións para llos enviar a oficina do xulgado receptor que, a lei obríga, vese obrigado a escanear toda a documentación impresa para formar un novo expediente dixital. O abondoso papel sobrante pode reciclarse.
Moitas veces se fala de incompatibilidade do sistema entre as distintas comunidades autónomas pero as dúas últimas veces que pasou isto na oficina que dirixo foi con procedementos que recibimos doutros xulgados da provincia da Coruña.
II
Algo semellante sucede cando os xulgados da cidade da Coruña temos que remitir os expedientes a Audiencia Provincial que ten a súa sede na mesma cidade para que tramite un recurso de apelación.
O actual sistema de xestión procesual (o programa informático para tramitar os procedementos) non permite a remisión electrónica polo que aínda que na primeira instancia o expediente sexa totalmente dixital é preciso imprimir todo para que a Audiencia Provincial poda continuar coa tramitación. O paradoxal é que a Audiencia tería que dixitalizar o impreso para formar o seu propio expediente. De novo papel sobrante para o lixo.
Pero este caso é peor porque os medios existen (os Xulgados de Santiago de Compostela poden remitir o expediente a sección da Audiencia Provincial con sede na capital de Galicia) pero a Dirección Xeral de Xustiza non os instalou para todas as sedes xudiciais.
*
Estes dous exemplos deixan claro que os anuncios do poder executivo estatal e autonómico sobre a actualización da xustiza non son máis que publicidade e que mancheas de papel seguen a ser as protagonistas da «moderna» administración de xustiza da Nosa Terra.


Referencia: O xornal Praza pública hospedou este tiento no seu cibersitio: Papel a mancheas nos xulgados da Coruña