martes, xullo 10, 2012

Opus 139: Noé (Balada en Re)

-->

Donas e cabaleiros, para este Atardecer do Gaiás logramos traer un experimento musical que ven de abraiar no Campionato Intercontinental de Música Extemporánea. Con vostedes a zoorquestrina do mestre Trolichevonski!

Imos aló.”

Branquiña en tempo...

...e Rubia tamén.”

Ben, Branca”

- Amodo, Rubia, acurta o berro.

1, 2...”

O do elefante foi un risco pero a peza necesitaba algo de rocanrol.”

1, 2...”

Entra o oso”

Un galo? De quen é ese galo?”

 - Queto, Sinbad, deixa o galo! Vladimir, lonxe de Branca!
- Que alguén ate ás bestas
 - Fuxaaaaaan,...


Este conto (que só ten sentido, de telo, se se escoita cos sons) ven de gañar o 55.º concurso semanal de contos (sonigramas) do programa Diario Cultural da Radio Galega.

Os do programa propoñen unha secuencia sonora que tes que encher cun relato e esta foi a miña proposta. Na seguinte ligazón o día co leron en antena:

Diario cultural: 06.07.2012 (a partir do min. 42:09)

E aquí a montaxe que fixeron os do Diario Cultural:

Diario cultural: 09.06.2012 (a partir do min. 42:55)

Por certo que esta non é a primeira aventura de Igor Trolichevonski (o apelido é difícil de pronunciar, non o nego, pero os locutores líanse de máis) os máis memoriosos de vostedes se lembraran de esta outra:




Ningún comentario: