martes, febreiro 11, 2014

Curiosa política editorial (II)

 
















Contra aquellos que nos gobiernan
Lev N. Tolstói
Tradución de Aníbal Peña
Errata naturae editores, 2014


En ocasións o editor español considera que é necesario chamar a atención sobre un determinado produto (o que os demáis chamamos "libro") e non traduce o seu título literalmente. Xa comentei aquí o caso  da editorial Lumen e La muerte de Virginia e veño de atoparme con outro exemplo semellante.

Erratae naturae editores ven de publicar un ensaio de Lev N. Tolstói titulado en castellano Contra aquellos que nos gobiernan, o título ruso é Рабство нашего времени  ou Rabstvo našego vremeni -transcrito aos nosos caracteres. O tradutor de Google - e incluso outros con pes e mans- din que ese título é A escravitude do noso tempo co que descubrimos algo que o editor (español) quere ocultar ao lector (tamén español) que este libro non é máis -nin tampouco menos- que unha nova tradución dun ensaio de Tolstói que xa coñecíamos en tradución ao castelán. (De feito a edición de Littera de 2001 aínda non está esgotada)

No texto de promoción do libro non din nada desto polo que as verdadeiras intencións dos editores quedan claras: vender o maior número de produtos posibles  achegando, xa desde o título, ao  noso presente "indignado" (supoño que eles falaran dun "nicho de mercado descontento coa clase política" ou algo semellante) o texto de León.

Polo que ratificamos algunhas das nosas teses sobre o editor español:

- Só quere vender libros, cantos máis mellor

- Quere complacerme (como lector español que son)

- Sabe o que quero, do que gusto e  o que me interesa.

  - O autor é importante pero pode correxilo para axudarlle a vender un -ou máis- libros.

Por certo como moita da ensaística do vello León, A escravitude do noso tempo poden lela en liña: La esclavitud de nuestro tiempo.