DÉRONME UN CRETO SEN AVÁIS

Arsenio
Ortigueira
Empresario
leonés do téxtil
Arteixo,
A Coruña
O
teño falado cos meus compañeiros da lista Forbes e sempre chegamos
a mesma conclusión: as cousas non están tan mal porque fumos quen
de paralas a tempo.
E
unha das solucións, ademáis de cambiar gobernos, foi rematar coas
vellas caixas para transformalas en modernos, aerodiná-micos e
competitivos bancos.
Lonxe
quedan os tempos nos que o noso capital desangrábase en obras
sociais que non desgravaban impostos. Lonxe as entidades controladas
por semianalfabetos elixidos “democráticamente”. Lonxe aquelas
oficinas ateigadas de vellas cobrando pensións ou pagando recibos e
contando o seu historial médico ao empregado que tiña cousas que
facer para nós.
Moito
teño que agradecer as vellas caixas, aínda que cando comezaba coa
miña primeira tenda de batas puxéronme moitas trabas para prestarme
cartos.
Hoxe
mesmo, como o ano pasado, déronme un creto de 1.000.000 € para as
vacacións sen exixirme aval ningún.
Novacobiza
é un banco cercano que cre nas persoas de aquí. Onde se viu senón
que o mesmísimo presidente atenda ao teléfono a un autónomo coma
min?*
*
Arsenio enviou o texto en castelán, o vertemos ao galego por razóns
de imaxe pública.
Aquí
en pdf
Ningún comentario:
Publicar un comentario