luns, novembro 17, 2014

O pesadelo do capital, a proposta de Rodrigo Osorio para o sonigrama 96

Don Diñeiro sempre tiña o mesmo pesadelo: eles aferrábanse  as únicas palabras que lles deixaba decir a Lei e as repetían teimosamente, cada vez máis forte, cada vez máis preto...
E a revolución comezaba.


(Podedes escoitalo a partir do minuto 43:20 no Diario cultural do 14/11/2015)

martes, maio 27, 2014

A politización da xustiza, por Rodrigo Osorio


O 18 de xuño de 2013 o meu amigo Rodrigo Osorio participou nunha mesa redonda organizada pola Escola de práctica xurídica de Santiago de Compostela e a Universidade de Santiago de Compostela. O título, moi orixinal, A politización da xustiza.

Case que un ano depois pasou a limpo as notas de aquela intervención e as quere comparto con vós usando esta constelación.

Podedes ler o artigo que naceu da mesa redonda premendo sobre o seu título:




luns, abril 14, 2014

Rafael Sánchez Ferlosio en los mapas de gúguel




El otro día preparando un viaje a Madrid con los mapas de gúguel me encontré con la imagen que les copio aquí arriba.

El barrio es el suyo (o eso dicen los periódicos), la casa es en la que vive (hasta dónde yo he podido averiguar) por lo que... ¡tiene que ser él!

Uno de los escritores más esquivos con los medios retratado en el más cotilla de todos. ¿Rafael Sánchez Ferlosio? habla con el cartero con los periódicos bajo el brazo a la puerta de su casa.


Nota.- No dejo la captura de pantalla entera porque se vería dónde vive exactamente y no quiero dañar más su intimidad.


luns, abril 07, 2014

Proxecto para a Lei do rexistro civil (2014)


LEI DO REXISTRO CIVIL 2014

Artigo único.

1. Todos os españois ten a obriga de abrir un perfil en feisbuc, nel ten que actualizar semanalmente todos os datos exisidos pola páxina e facer un comentario que amose a súa ideoloxía, relixión ou orientación sexual.
2. Os proxenitores terán que facer o perfil dos seus fillos de ambos sexos dentro das 24 horas seguintes ao seu nacemento. O nome do bebé só poderá mudarse seguindo os criterios do suministrador da rede social.
3. Entenderase falecida unha persoa se durante máis de 3 semanas
incumple a obriga de actualizar o seu estado. As tres semanas comezarán a contarse desde o día seguinte a da derradeira actualización.
4. Dentro das 2 primeiras semanas ás que fai referencia o número anterior, o usuario/cidadán poderá, a súa costa, exercitar ante o Xulgado de Primeira Instancia do domicilo que conste no Feisbuc unha declaración de existencia que permitiralle non ser tido entre os mortos.
5. Unha vez transcorrido o prazo das 3 semanas sen actualizacións contra o falecimento da persoa non se pode facer proba.
Esta lei entrará en vigor o día seguinte a súa publicación.

Disposición Transitoria. Todos os cidadáns ten a obriga de crear un perfil en feisbuc nos 5 días seguintes a entrada en vigor desta lei.

Disposición derrogatoria. Queda derrogada a Lei 20/2011 do rexistro civil e todas as disposicións (especialmente ás do Código Civil) que se opoñan ao disposto nesta norma.

Disposición adicional primeira. Aos cidadáns -aparentemente vivos- que se atopen no suposto dos números 3 e 5 do artigo único desta lei aplicaráselles o procedemento de expulsión previsto na Lei de dereitos e deberes dos cidadáns extranxeiros.

Disposición adicional segunda. Para facilitar o cumplimento do disposto na disposición transitoria todas as bibliotecas públicas, os centros cívicos e demáis lugares servidos por funcionarios públicos que permitan aos cidadáns acceder a internet permanecerán abertos 24 horas durante os 5 días previstos na dita disposición transitoria primeira.

luns, marzo 31, 2014

Jacinto Batalla y Valbellido, un autor de referencia

(Un artigo en castellano)


Os amigos da ciberrevista El coloquio de los perros voltan a contar cun meu tento .

Neste caso  acordei a miña faciana de cazador de autores inexistentes para presentar as obras (polo momento) completas do apócrifo escritor, Jacinto Batalla, inventado por Rafael Sánchez Ferlosio.

Poden ler o artigo completo pulsando aquí abaixo:



martes, febreiro 11, 2014

Curiosa política editorial (II)

 
















Contra aquellos que nos gobiernan
Lev N. Tolstói
Tradución de Aníbal Peña
Errata naturae editores, 2014


En ocasións o editor español considera que é necesario chamar a atención sobre un determinado produto (o que os demáis chamamos "libro") e non traduce o seu título literalmente. Xa comentei aquí o caso  da editorial Lumen e La muerte de Virginia e veño de atoparme con outro exemplo semellante.

Erratae naturae editores ven de publicar un ensaio de Lev N. Tolstói titulado en castellano Contra aquellos que nos gobiernan, o título ruso é Рабство нашего времени  ou Rabstvo našego vremeni -transcrito aos nosos caracteres. O tradutor de Google - e incluso outros con pes e mans- din que ese título é A escravitude do noso tempo co que descubrimos algo que o editor (español) quere ocultar ao lector (tamén español) que este libro non é máis -nin tampouco menos- que unha nova tradución dun ensaio de Tolstói que xa coñecíamos en tradución ao castelán. (De feito a edición de Littera de 2001 aínda non está esgotada)

No texto de promoción do libro non din nada desto polo que as verdadeiras intencións dos editores quedan claras: vender o maior número de produtos posibles  achegando, xa desde o título, ao  noso presente "indignado" (supoño que eles falaran dun "nicho de mercado descontento coa clase política" ou algo semellante) o texto de León.

Polo que ratificamos algunhas das nosas teses sobre o editor español:

- Só quere vender libros, cantos máis mellor

- Quere complacerme (como lector español que son)

- Sabe o que quero, do que gusto e  o que me interesa.

  - O autor é importante pero pode correxilo para axudarlle a vender un -ou máis- libros.

Por certo como moita da ensaística do vello León, A escravitude do noso tempo poden lela en liña: La esclavitud de nuestro tiempo.





venres, xaneiro 31, 2014

Antesala

ANTESALA
Habitación 117

A Filomena González Rodríguez


Casi no queda nada en ese cuerpo
solo el dolor
y el yo en inercia:

               (“lo que eres serás...
                pero más”)

casi no queda carne
ni palabras.

Queda el deseo de aferrarse a un hoy,
28 de enero del 14,
como todos,
como los 31.800 anteriores,
huérfano de satisfacciones
pero con rincones luminosos.

El sentido de la vida,
hoy lo sé,
es encontrar postura en esa cama,
aliviar un picor,
echar de la garganta el esputo
que no deja pasar el aire
y que te permitirá mañana
sufrir más
y sentir una caricia
por penúltima vez.

Compra semanal (Sonigrama 85)

Despois do éxito de Nos caixeiros.

Esta é a proposta de Rodrigo para o Sonigrama 85 do Diario cultural da Radio Galega:

(É necesario escoitar os sons para atopar o sentido? do relato)


COMPRA SEMANAL



Dous de aceite, unha de auga, unha leituga, medio de kiwis,...



unha bandada de gaivotas,...



dous quilos de brócoli, tres de leite semigordo,...



sete galiñas,... Non, oito! (Case se escapa esta)



café, xabrón,unha vaca,...




     - Queta, Rubia! Xa tes dono!



... e tres de cereais.



Mentras colocaba a compra no carriño a caixeira sorriu:


      - En efectivo ou con tarxeta? 

Abriu a botella de auga, deu un grolo e colleu folgos.



    - Teña bo día, señor, e non se esqueza dos cupóns para o cachalote.


martes, xaneiro 14, 2014

Nos caixeiros


Rodrigo Osorio volta facer unha  proposta para o sonigrama 84 do Diario cultural da Radio galega.

Desta volta ten sentido sen necesidade dos sons.



Nos caixeiros



As almas libres,

as prófugas dos cartos

e ás que a maioría

botamos dos pisos amoblados

dormen



               -paradoxos da vida

               (a sucia realidade que construímos votando)-



nos caixeiros.