xoves, outubro 26, 2017

Mil grazas a tod@s!

Saude e océano!

7 anos despois de que a Asociación Cultural O Mural comezara coa súa loita para protexer o fresco que Urbano Lugrís González pintou nos números 74-76 da rúa Real

5 máis tarde de que o colectivo In nave civitas se sumara con toda a forza do mar de Orzán a esa loita;

e 4 despois de que a asociación cultural O Mural solicitara formalmente a declaración do fresco como ben de interese cultural





Hoxe, por fin, este mural é ben de interese cultural.


A propietaria nunca tivo interese real en conservalo e somente a forza da lei  empuxada por todas as persoas que reivindicamos o acceso á beleza conseguiu, grazas ao gran traballo (desinteresado) de arquitect@s, un restaurador, unha avogada e un procurador que unha obra cimeira da arte estea protexida.

Moitas leccións podemos tirar desta aventura: a lei non sempre está na nosa contra; hai revolucións nas que se pode bailar (e cantar, facer teatro, pintar, rimar...); xunt@s sempre somos máis fortes e precisamos  de tódalas mans para alcanzar o improbable.

Todas e cada unha das personas que estiveron, sequera un cachiño da súa vida, nesta loita teñen que ser abenzoadas: grazas e parabens a tod@s as que fixechedes posible este fito!

O vindeiro 23 de decembro celebraremos o VIII día Lugrís e será día de festa grande para celebrar a chegada a un dos primeiros portos, porque este non é o fin...

Tanta paixón, quen poderá detela?


Máis sobre este mural, nesta Constelación:






na bitácora de In nave civitas:




e na bitácora de O Mural. 

luns, outubro 02, 2017

Adoutrinamento / Adoutrinar / Educar (Apuntes para un Novo dicionario do diaño)

Adoutrinamento (subs. masc.)

Acción de adoutrinar.


Adoutrinar (v. trans.)

Acción de educar vista dende a perspectiva dunha persoa infiel.


Educar (v. trans.)

Sementar unha fe nas mentes das crías humanas.