mércores, xaneiro 31, 2018

Unha orde de ida e volta en Praza Pública.

Ás responsables do xornal dixital Praza pública   hoxe acollen artigo  Unha orde de ida e volta do meu vello amigo, Rodrigo Osorio, sobre a intrépida medida adoptada polo director xeral de xustiza da Xunta de Galicia.


xoves, xaneiro 18, 2018

O almorzo do duque de Wessex ou "o efecto patatilla (A proposta de ROG para o Sonigrama 132)


Velaí a proposta de Rodrigo Osorio, cada día máis activo, para o sonigrama 132 do Diario cultural da Radio Galega:


O ALMORZO DO DUQUE DE WESSEX OU “O EFECTO PATATILLA”


O duque de Wessex, sabe que ten que agardar exactamente 57 segundos.

O tempo exacto en que as mastigaduras de Xosé Lamas, un vigués que sempre almorza patatillas, fan desenvolvérense uns papéis engurrados dunha Concellaría de Ferrol; que pola súa banda levan agromar a fonte escura de Toulousse. Gurgullar que fai chover en Ouessant, o que espanta ao vento que comeza a súa invisíbel invasión de Inglaterra acirrando ao tren de Bristol que supera unha mañá máis todas as súas marcas.

Cando a teteira escoita o tren, exactamente 56 segundos despois, anuncia que xa está listo o almorzo do duque.

Poden escoitar a versión lida no programa premendo aquí (a partir do minuto 44:40)