xoves, febreiro 23, 2017

Claudia Delso traizoa a Xulio Ferreiro

Onte Le Rosaire de l'Aurore contaba:


Tras o discurso pronunciado onte por Luis Alfonso de Borbón no espazo El coruñés opina de Radio Coruña [Que reproducimos na face desta folla voandeira] un, até o momento, apoucado movemento cidadá comeza a acordar no corazón da máis auténtica Coruña: veciños da Gaiteira, Eirís e Canedo alzaron espontánemente nos seus centros cívicos as bandeiras lexitimistas [...] e nas lapelas da veciñanza comezan a brillar flores de lis, que os luisalfonsistas, usan como símbolo do cambio e da esperanza

A CORUÑA LUISALFONSISTA, do Rucho. Publicado no LR de 21 de antroido de 2017

Hoxe a autonomeada prensa seria publicaba esto:

Foto de Queiruga para La opinión de A Coruña
Claudia Delso, a concelleira de participación e innovación democrática parece que colleu gusto aos sillóns do pazo de María Pita e está a facer méritos para incorporarse á corporación Luisalfonsista.

mércores, febreiro 22, 2017

Le Rosaire de l'Aurore, núm. 3. (Terceira época).

 Le Rosaire saíu! Descárguese Le Rosaire!






LE ROSAIRE, NÚM. 3. TERCEIRA ETAPA. 21 DE ANTROIDO DE 2017.

Sumario

 
VOLVE A SANTA ALIANZA 

Luis Alfonso de Borbón mantivo unha reunión reservada co cónsul do United Kingdom en Galicia e representantes dos grupos municipais popular e socialista no Concello da Coruña que pon alicerces para a moción de censura a Ferreiro. A Santa Sé desvínculase da xuntanza.


PENULTIMÁTUM, por Luis Alfonso de Borbón. 

Transcripción literal do discurso que o bipretendente ditou onte nos micrófonos de Radio Coruña


A CORUÑA LUISALFONSISTA

A Asemblea da Asociación de Veciños da Horta de Garás proclaman a Luis Alfonso de Borbón lexítimo alcalde da cidade da Coruña. «O alcalde son eu», retruca Ferreiro.


O MINISTERIO DE DEFENSA CO CONCELLO DA CORUÑA

O práctico do porto avista a armada británica máis aló das Xacentes. A ministra de defensa mobiliza aos veteráns da re-reconquista da Illa Leila para protexer a cidade.


Pode ler este número premendo aquí.


E consultar o resto aquí.

luns, febreiro 20, 2017

Le Rosaire, núm. 2 (Terceira época)

Le Rosaire, saíu! Descárguese Le Rosaire!






LE ROSAIRE DE L'AURORE. 20 DE ANTROIDO DE 2017

Sumario.

A ASOCIACIÓN DE VÍTIMAS DA REVOLUCIÓN FRANCESA ESIXE RESPECTO A XULIO FERREIRO. 

A mofa da decapitación de Maria Antonia Josepha Johanna von Habsburg-Lothringen nun cartel de Alberto Guitián co que o concello atlántico anuncia o seu entroido «reabre feridas aínda non pechadas»


LR, núm. 2, 20 de antroido de 2017.




E consultar outros números aquí.


domingo, febreiro 19, 2017

Le Rosaire de l'Aurore, núm. 1 (Terceira época)

Le Rosaire saíu! Descárguese Le Rosaire!








O aperiódico por antropofaxia volve as súas pantallas nunha terceira época, coma sempre, impredecible.

LE ROSAIRE DE L'AURORA. 19 DE ENTROIDO DE 2017.

Sumario.

O CONSULADO BRITÁNICO EN GALICIA ESIXE ESPLICACIÓNS AO CONCELLO DA CORUÑA. Tras o uso irreverente dun dos seus máis queridos xefes de estado e fundador da igrexa anglicana nun cartel de entroido.

Pode ler o primeiro número desta nova xeira do Le Rosaire pulsando aquí ou aquí.
 
E consultar outros números aquí.

sábado, febreiro 11, 2017

UNHA NOVA XORNADA GALEGUISTA

FERROL-CRUÑA

As irmás da fala diante do Ideal Room. 2017.
 
XERMAN VALTUILLE. O sábado 11 de febreiro a Novísima Irmandade da Fala cruñesa celebrou en Ferrol un acto galeguista para conmemorar o mitin que 100 anos antes organizara o Comité de aición galleguista da Hirmandade da Fala da Cruña.

Os bo e enxebre ferrolán, Sr. Gago, e as xentes da fundaçom Artábria emprestaron todo o seu apoio facendo un patriótico esforzo pra difundir a celebración deste acto.

As irmás da Cruña saíron da estación de San Cristovo no tren das 10:50 horas e comezaron a lenta viaxe no convoi. O Sr. Osorio lembrou o anuncio do acto que publicara A Nosa Terra o 6 de xaneiro de 1917 e as verbas de Antón Villar Ponte que convidaba as galegas a se esquecer dos localismos para abrazar o galeguismo. Prosegiu a marcha ao ritmo de cancións da terra.

No apeadoiro de Infesta o Sr. Rodriguez Palleiro reivindicou con vehemencia a colocación dun «by-pass» que traguería a esa liña ferrea a altura dos tempos. O Señor Souto ilustrou a parada en Betanzos lembrado a anécdota contada polo lehendakari Ibarretxe de como Foucellas deixou patacas na porta do seu avó, desterrado nesa parroquia coruñesa, para axudalo a sobrevivir o seu primeiro inverno galego.

Na parte final da viaxe as regueifeiras comezaron unha fera guerra que finalizou sen consecuencias.

Na estación de Ferrol agardaban un fato de enxebres ferrolás cun gaiteiro aos que as viaxeiras replicaron entonando a Foliada da Coruña.

Deseguido comezou un roteiro que levou as galeguistas polo centro de Ferrol. O señor Gago, cicerone de excepción, expricou a impresión que en 1917 causara a rúa Galiano a Villar Ponte. O sr. Dobarro, catedrático de lingua galega, amosou os locais da rúa Real nos que comezaron as actividades da Irmandade de Amigos da Fala de Ferrol.

A visita continuou no Casino onde as irmás desfrutaron dos murais de Bello Piñeiro, unha das obras cimeiras da pintura modernista da nosa terra.

Asi mesmo se achegaron ao edificio do Salón Amboaxe e o Ideal Room, lugares nos que en 1917 celebráronse o mitin e o xantar. Despois da imprescindible fotografía de familia dirixiron os seus pasos a fundaçom Artabria onde se lles agasallou c'un esprendido xantar.

Á hora do café Manolo Bacalhau deleitou as irmás con algunhas das mellores pezas do seu repertorio e o gaiteiro, as pandereteiras e o tambor uníronse as voces das asistentes para intepretar temas da nosa música e voltou a incruenta batalla das regueifas.

Para romatar o acto a Sr. Ramiro e a Sra. Fernández recitaron versos ademirables. O Sr. Gago (pai) interpretou de memoria a peza A Princesa, dos Irmáns da Fala Charlón e Hermida.

Antes de partir do local de Artábria as presentes entonaron o hino galego para pechar unha xornada enxebre que non esqueceremos endexamais.

Até o tren acompañaron as irmás coruñesas moitas amigas de Ferrol. Cando arrincou o convoi houbo vivas a Galicia, a Ferrol e A Coruña e a despedida foi ao compás da Foliada de Cercedo.



Percorrido do Ramalliño, tren da Cruña á Ferrol. Deseño Roberto Castro para a xornada galeguista.


venres, febreiro 10, 2017

O SÁBADO QUE VÉN. Recreación dun mitin galeguista en Ferrol

A Nosa Terra, núm. 9, 6 de xaneiro de 1917.; por xentileza de Antóm Laia.









O DOMINGO QUE VÉN



Un mitin galleguista no Ferrol



O día once terá efeito no Ferrol un mitin de propaganda organizado pol-o comité d'aición galleguista da Hirmandade da fala da Cruña.

N'él tomarán parte varios oradores, antre outros, un ferrolán Carballal, Villar Ponte, Peña Novo, Niebla e Lugrís Freire.

O notabre coro “Toxos e Froles” cantará os hinos gallegos de Pondal e Veiga e de Brañas e Taibo.

Prégase a cantos hirmáns da fala poidan acompañar ós oradores, que o fagan. Sairáse da Cruña ás nove da mañán pra voltare pola tarde.

O auto, se dúbida será moi solene e froitifero.

Logo, faráse outro en Santiago.

E pésase n'unha gran asambleía de todol-os grupos da Hirmandade que hai en Galicia.

[A Nosa Terra, núm. 9, 6 de xaneiro de 1917]


100 anos despois In nave Civitas coa colaboración da fundaçom Artábria imos conmemorar ese "auto solene e froitifero" cunha recreación histórica.

Desta volta será un sábado... E dicir:

 
O SÁBADO QUE VÉN

Recreación dun mitin galeguista en Ferrol

O día 11 terá efeito no Ferrol a recreación do mitin de propaganda que en 1917 organizou o comité d'aición galleguista da Hirmandade da fala da Cruña.

N'él tomaron parte varios oradores, antre outros, un ferrolán Carballal, Villar Ponte, Peña Novo, Niebla e Lugrís Freire.

O notabre coro “Toxos e Froles” cantou os hinos gallegos de Pondal e Veiga e de Brañas e Taibo.

Prégase a cantos hirmáns da fala poidan acompañar ós oradores, que o fagan. Sairáse da Cruña ás 10:50 horas da mañán pra voltare pola tarde.

O auto, se dúbida será moi solene e froitifero.



Máis información:

Sobre o mitin de 1917:



Sobre a nosa recreación:




En episodios anteriores:
[NOTA DO 09/02/2017] AVISO PARA ÁS INTERESADAS  xa non quedan prazas para o xantar na fundaçom Artábria.