xoves, marzo 16, 2017

PAPEL A MANCHEAS NOS XULGADOS DA CORUÑA


[Un tento de Rodrigo Osorio]
Fonte da fotografía.

Para a completa ciber-tramitación dos expedientes nas oficinas xudiciais (o moi publicitado «papel cero») queda moito tempo e no caso de Galicia, aínda máis. Semella que o conselleiro de xustiza non leu a meirande parte das normas coas que dende 2009 os lexisladores quixeron actualizar a administración de xustiza ou que de telas lido, a vontade do goberno galego é non cumprir as leis estatais neste eido.
Para coñecer a política da Xunta de Galicia en materia de administración de xustiza o caso do expediente dixital é paradigmático. Unha das reformas de outubro de 2015 (a lei 42/2015) establecía tres prazos para rematar con case que todo o papel nas oficinas xudiciais:
- dende o 1 de xaneiro de 2016, os avogados e os procuradores estaban obrigados a presentar todos os escritos de xeito electrónico.
- dende o 1 de xaneiro de 2017, as administracións públicas debían ter preparada a plataforma para que os particulares que quixer e as persoas xurídicas, obrigadas por imperativo legal a facelo, presentaran de xeito electrónico os seus escritos.
- a partir o 1 de xaneiro de 2018, o Ministerio Fiscal incorporarase plenamente ao novo xeito de presentar escritos.
Vencidos os dous primeiros prazos a falla de vontade da Xunta de Galicia é patente: as persoas xurídicas non poden cumprir coa súa obriga de presentar as demandas de xeito electrónico porque en Galicia (non sucede o mesmo noutras comunidades autónomas) faltan os medios para facelo. E a ausencia de previsión legal para o caso de falla de medios obrigou a algunhas responsables a ditar resolucións de dubidosa legalidade para non impedir o acceso a xustiza das persoas xurídicas.
Amais, a Dirección Xeral de Xustiza nin sequera foi quen de dotar a todas as oficinas xudiciais de Galicia dos mesmos medios para a ciber-tramitación, e estas eivas do poder executivo teñen que ser emendadas polas traballadoras usando métodos «pre-modernos» (aceptando a terminoloxía usada polos nosos dirixentes), deseguido dúas ilustracións da situación (nos xulgados de primeira instancia da cidade da Coruña):
I
Cando un xulgado se inhibe por non ter competencia para coñecer dunha demanda que presentaron na súa oficina, ten que remitir o procedemento ao xulgado que pensa que é competente.
Aínda que o primeiro xulgado tramite todo de xeito electrónico, a ausencia dun sistema que permita a remisión dixital do expediente obriga a imprimir todos os escritos e resolucións para llos enviar a oficina do xulgado receptor que, a lei obríga, vese obrigado a escanear toda a documentación impresa para formar un novo expediente dixital. O abondoso papel sobrante pode reciclarse.
Moitas veces se fala de incompatibilidade do sistema entre as distintas comunidades autónomas pero as dúas últimas veces que pasou isto na oficina que dirixo foi con procedementos que recibimos doutros xulgados da provincia da Coruña.
II
Algo semellante sucede cando os xulgados da cidade da Coruña temos que remitir os expedientes a Audiencia Provincial que ten a súa sede na mesma cidade para que tramite un recurso de apelación.
O actual sistema de xestión procesual (o programa informático para tramitar os procedementos) non permite a remisión electrónica polo que aínda que na primeira instancia o expediente sexa totalmente dixital é preciso imprimir todo para que a Audiencia Provincial poda continuar coa tramitación. O paradoxal é que a Audiencia tería que dixitalizar o impreso para formar o seu propio expediente. De novo papel sobrante para o lixo.
Pero este caso é peor porque os medios existen (os Xulgados de Santiago de Compostela poden remitir o expediente a sección da Audiencia Provincial con sede na capital de Galicia) pero a Dirección Xeral de Xustiza non os instalou para todas as sedes xudiciais.
*
Estes dous exemplos deixan claro que os anuncios do poder executivo estatal e autonómico sobre a actualización da xustiza non son máis que publicidade e que mancheas de papel seguen a ser as protagonistas da «moderna» administración de xustiza da Nosa Terra.


Referencia: O xornal Praza pública hospedou este tiento no seu cibersitio: Papel a mancheas nos xulgados da Coruña

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Sobre ese problema de que para pasar un expediente entre órganos judiciales os veais obligadoa a imprimir en un juzgado para escanear en el otro, otra posible solución, más económica, sería grabar los archivos en un pen drive o en un CD y llevarlos en ese soporte al juzgado de destino.

Si el sistema no permite ese guardado directo de los archivos en pen drive o CD, se puede usar una impresora PDF. Si se quiere superar el fetichismo del papel, hay opciones.

Anónimo dixo...

Repartir a los abogados formularios en PDF (no modificable, con opciones a base de poner cruces y tachones) para solicitar trámites al Juzgado, dando como opciones su presentación física o por fax, a parte del correo electrónico, sin abrir la posibilidad de presentar por lexnet, también es otra manifestación del fetichismo del papel.

Vease http://www.icacor.es/fileadmin/user_upload/archivos/juzgados_tribunales/JuzgadoPrimInst_8_Coruna_Instruccion1-2017_Anexos.pdf

Sergio B. Landrove dixo...

Anónimo 1: Sí, efectivamente, esa es la solución más "razonable" para parchear la ineficiencia de la Dirección Xeral de Xustiza.

Anónimo 2: No considero que este sea el lugar en el que le debo responder.

Gracias a los dos por leer y comentar.