![]() | |||
As mans santas (de Francisco Miguel). Óleo sobre tea. 2010 |
Até o 21 de maio na Fundación Luis Seoane da Coruña pódese ver a exposición Correa Corredoira. Os días pintados unha restrospectiva da obra pictórica [cuns petiscos escultóricos] de Xabier Correa Corredoira .
Entre todos os cadros impresionoume especialmente As mans santas (de Francisco Miguel) pola súa forza para transmitir a historia que agocha.
Ao lado deste cadro, nun expositor un caderno do autor aclara para o visitante despistado a xénese do cadro:
![]() | ||
Caderno de Xabier Correa Corredoira. |
que di:
Tras cortarlle as santas máns a Francisco Miguel os verdugos da Guardia Civil descubriron que seguía a pintar cos muñóns, ca face e ca língoa. E tras o visto machacáronlle a cabeza a culatazos. Foi entonces cando a mar, as cunchas e as nubes que el pintaba revolverónse e decidiron ser eternas nas outras máns de Urbano Lugris, o de Sada e de Manuel Rivas, o de Elviña. 21.xuño.2007.
Francisco Miguel foi un pintor coruñés ao que as forzas sublevadas cortáronlle as mans antes de asesinalo no 1936. Foi un dos inspiradores máis claros do estilo de Urbano Lugrís e aparece como personaxe na novela O lapis de carpinteiro, de Manuel Rivas.
A súa historia pódese ler nos Diarios [Edicións A Nosa Terra, 2000] da súa dona Syra Alonso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario