O MURAL «MARINEDA
SOÑADA» VOLTA AO SEU ESTADO ORIXINAL.
![]() |
Foto de Javier Alborés para El Ideal gallego. |
Tras romper coas
súas sinaturas a harmonía orixinal do deseño de Urbano Lugrís, os
grafiteiros fixéronse cargo dos custes da pintura necesaria para
reparalo.
O pasado 29/12/2016
o mural que Kse (coa colaboración de Choupa, un alumno do IES
Eusebio da Guarda que se sumou ao traballo tras coñecer o proxecto)
pintou na praza de Pontevedra por iniciativa do colectivo In nave
civitas e a asociación cultural O Mural para conmemorar o VII día
Lugrís amaneceu cunhas pintadas que rompían a harmonía do
horizonte da serigrafía orixinal creada por Urbano Lugrís González.
O propio Kse
localizou e falou cos grafiteiros -que como adoitan facer asinaran o
su traballo- e tras explicarlles o motivo da obra e a razón pola
que se pintara naquel muro comprometéronse a correr cos custes da
pintura necesaria para devolvela ao seu estado orixinal.
Após de que os
grafiteiros achegaran a pintura, Kse retomou o traballo para rematar
o mural e devolver a beleza a ese recuncho da nosa cidade que xa luce
sen aquelas sinaturas.
O grafiti ficará rematado, se Neptuno quere, esta semana.
Máis en:
In nave civitas: VII día Lugrís
Constelación decimoctava:
Os medios locais tamén nolo contan:
Coruña en la onda: Les contamos la historia del grafiti de la plaza de Pontevedra. (A partir do minuto 46:41)
El Ideal gallego: El grafiti en homenaje a Lugrís vuelve a estar limpio de pintadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario