martes, xaneiro 14, 2014

Nos caixeiros


Esta é a miña proposta para o sonigrama 84 do Diario cultural da Radio galega.

Desta volta ten sentido sen necesidade dos sons.




Nos caixeiros



As almas libres,

as prófugas dos cartos

e ás que a maioría

botamos dos pisos amoblados

durmen



               -paradoxos da vida

               (a sucia realidade que construimos votando)-



nos caixeiros.



Ningún comentario: