xoves, marzo 14, 2013

Os murais de Urbano Lugrís no baixo do número 27 da rúa Olmos en perigo.

In nave civitas alerta do perigo da perda dos murais de Urbano Lugrís.
Esta semana comezaron unhas obras no baixo do antigo restaurante Fornos (logo, creperia La Bottega) na rúa Olmos, 27. Este é un dos poucos locais da zona de viños coruñesa que conserva -ou conservaba cando a crepería estaba aberta ao público- muráis do pintor coruñés Urbano Lugrís.

Dende o colectivo In nave civitas queremos facer unha chamada para que esa reforma sirva para que todas podamos voltar a desfrutar dos muraís sur-marinos.

Agardamos non ter que chorar a perda doutro mural irrepetible do noso señor Lugrís.

Medre o mar!
 
O estado da obra o martes 12.03.2013:


O estado da obra o mércores 13.03.2013: onde estaba o escaparate hai dous ocos: unha porta e una fiestra.
 





(As fotografías son miñas e  as tomei cun teléfono móbil, só serven para facerse unha idea)
 Os amigos do Diario Cultural da Radio Galega acolleron o noso comunicado hoxe. Se quere pode escoitalo pulsando no enlance (comeza no minuto 16:49, aprox.)
 
Qué hai -ou había- no baixo da rúa Olmos, 27? 
Un mural dos que o Noso Señor Lugrís facía nas tabernas para gañar uns duros, como o que hoxe está no Veccio -rúa Real da Coruña- ou os da Mundiña -na rúa da Estrela
Algúns recunchos do mural do antigo restaurante Fornos:
 
Antón Patiñó e Xurxo Souto brinda por Urbano Lugrís (Foto G. Tizó para El País)  
 E do ...mmmm..., ciberbitácora de Estíbaliz Espinosa as seguintes fotos:



 
 

Ningún comentario: