Vou centrar un pouco o texto co espazo,
espazo, espazo...
espazo, o espazo no que vogan as ondas do son...
Que estou a escribir?
“Luisa, non é doado comezar esta carta...”
...as metralladoras como máquinas de escribir esquelas...
-Teño que centrarme.
“Luisa, non deixo de pensar no martes cando non fun quen de
responder a túa pregunta, tansinxela...”
...as manos dela escribían mentres soaba aquela canción. Son
incapaz de porme á máquina sen lembrar aquela serie da tele,
Murder, She wrote...
Se non me podo concentrar é mellor co deixe.
Fareino pouco a pouco:
L – u – i - s - a- ,
xoves, febreiro 28, 2013
A proposta de ROG para o sonigrama 70
Publicado por
Sergio B. Landrove
el
28.2.13
Sección o secciones: Restralletes, Sonigramas
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario