LEI DO REXISTRO CIVIL 2014
Artigo único.
1. Todos os españois ten a obriga de abrir un perfil en feisbuc,
nel ten que actualizar semanalmente todos os datos exisidos pola
páxina e facer un comentario que amose a súa ideoloxía, relixión
ou orientación sexual.
2. Os proxenitores terán que facer o perfil dos seus fillos de
ambos sexos dentro das 24 horas seguintes ao seu nacemento. O nome do
bebé só poderá mudarse seguindo os criterios do suministrador da
rede social.
3. Entenderase falecida unha persoa se durante máis de 3
semanas
incumple a obriga de actualizar o seu estado. As tres semanas comezarán a contarse desde o día seguinte a da derradeira actualización.
incumple a obriga de actualizar o seu estado. As tres semanas comezarán a contarse desde o día seguinte a da derradeira actualización.
4. Dentro das 2 primeiras semanas ás que fai referencia o número
anterior, o usuario/cidadán poderá, a súa costa, exercitar ante o
Xulgado de Primeira Instancia do domicilo que conste no Feisbuc unha
declaración de existencia que permitiralle non ser tido entre os
mortos.
5. Unha vez transcorrido o prazo das 3 semanas sen actualizacións
contra o falecimento da persoa non se pode facer proba.
Esta lei entrará en vigor o día seguinte a súa publicación.
Disposición Transitoria. Todos os cidadáns ten a obriga de crear
un perfil en feisbuc nos 5 días seguintes a entrada en vigor desta
lei.
Disposición derrogatoria. Queda derrogada a Lei 20/2011 do
rexistro civil e todas as disposicións (especialmente ás do Código
Civil) que se opoñan ao disposto nesta norma.
Disposición adicional primeira. Aos cidadáns -aparentemente
vivos- que se atopen no suposto dos números 3 e 5 do artigo único
desta lei aplicaráselles o procedemento de expulsión previsto na
Lei de dereitos e deberes dos cidadáns extranxeiros.
Disposición adicional segunda. Para facilitar o cumplimento do
disposto na disposición transitoria todas as bibliotecas públicas,
os centros cívicos e demáis lugares servidos por funcionarios
públicos que permitan aos cidadáns acceder a internet permanecerán
abertos 24 horas durante os 5 días previstos na dita disposición
transitoria primeira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario