Proposta de ROG para o sonigrama 68 do Diario cultural da Radio galega:
Non
é doado fuxir de cada día:
coller
un cadilac
-un
vello coche sen dirección hidraúlica-
(Na
radio só emiten falsos temas de onte)
e
demasiado amodo
deixar
atrás as mesas de cociña.
O
escai do asento queima
como
a lista da compra:
mellor
paro na selva
(os
catro intermitentes)
E,
ainda
que morra afogado,
provocarei
á besta,
o
rei dos paxaros carnívoros,
trotando
cos meus
diante
das súas fauces.
Para
que vou acordar
se
son quen son:
un
centauro azul e retroactivo?
Poden escoitar os sons que me ¿inspiraron? premendo aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario