En Just Kids (Éramos unos niños) -a
moi interesante e poética biografía dos primeiros anos de Patti
Smith- a música contaba cómo durante unha etapa da súa vida gañou
cartos procurando edicións raras (e mal tasadas) en libreiros de
vello, mercándoas e revendéndoas polo seu prezo real.
Sempre resultoume moi difícil de crer
que a algún libreiro de vello se lle escapara unha xoia. Outra
cousa é o rastro -que o diga Andrés Trapiello- ou un rastrillo.
Este sábado A. chegou a casa cun
tesouro.
- Atopeino no rastrillo ese que hai
na rúa P. -díxome- costoume 3 €.
É a edición da Opera Omnia de Aguila
de blasón de Ramón María del Valle-Inclán (1922) a beleza dos
gravados (que ata onde sei debuxou o propio escritor) a poden admirar
por vostedes mesmos:
O prezo co mercado lle da tamén e
doado de averiguar usando gúgel. Pronto o encadernaremos para
protexelo.
Agora preside o corredor da casa
cómodamente sentado nun atril.
Ningún comentario:
Publicar un comentario