luns, febreiro 05, 2018

Alter·nativo, de Jorge Campos




As amigas da libraría Sisargas hospedaron na súa bitácora unha crítica do meu alter ego, Rodrigo Osorio, desta banda deseñada de Jorge Campos:

Alter·nativo, a banda deseñada dos sendeiros que se entrecruzan.

1. Herbert Quain, Ts'ui Pên y Leif Tande

Los mundos que propone April March [a novela de Herbert Quain] no son regresivos, es la manera de historiarlos […] Trece capítulos integran la obra. El primero refiere el ambiguo diálogo de unos desconocidos en un andén. El segundo refiere los sucesos de la víspera del primero. El tercero, también retrógrado, refiere los sucesos de otra posible víspera del primero; el cuarto, los de otra. Cada una de esas tres vísperas (que rigurosamente se excluyen) se ramifica en otras tres vísperas de índole muy diversa. La obra total consta, pues, de nueve novelas; cada novela, de tres largos capítulos

(Examen de la obra de Herbert Quain, de Jorge Luis Borges en El jardín de los senderos que se bifurcan, 1944)
Casi en el acto comprendí El jardín de los senderos que se bifurcan era la novela caótica, la frase varios porvenires (no a todos) me sugirió la imagen de la bifurcación en el tiempo, no en el espacio. La relectura general de la obra confirmó esa teoría. En todas las ficciones, cada vez que un hombre se enfrenta con diversas alternativas, opta por una y elimina las otras,; en la del casi inextricable Ts'ui Pên opta -simultáneamente- por todas. Crea, así, diversos porvenires, diversos tiempos que también proliferan y se bifurcan.

(El jardín de los senderos que se bifurcan, de J. L. Borges en El jardín de los senderos que se bifurcan, 1944)
La idea de Morlac me vino durante una exposición de obras del pintor David Bradbury. Las formas y los colores, la yuxtaposición de los personajes, todo este universo a la vez tan creíble y tan emocionante inició un proceso cognitivo cuya resultante fue la subdivisión simultánea del vínculo del guión y la partición intrínseca de la relación tiempo/espacio de la historia sobre la que trabajaba. Fue entonces cuando el relato se adueñó del destino y se subdividió en innumerables ramificaciones simultáneas. Ahora le toca al lector encontrar el hilo conductor y decidir que avenidas tomar para guiar el personaje hasta el final del relato. ¡Cuidado! Una mala opción puede significar un callejón sin salida del guión... Asi como la muerte del personaje!

(Prólogo de Leif Tande en Morlac, Diábolo ediciones, 2006)

2. Alter·nativo: instrucións de uso.

Coido que a única tacha que lle podo poñer a historieta de Jorge Campos é a falla dunhas breves instrucións de uso. A súa ausencia pode facer que moitas lectoras non se acheguen a unha obra ben interesante tanto pola historia que conta (as fantásticas -en todas as súas acepcións- aventuras dun náufrago nunhas illas máxicas) como pola forma na que as conta (o autor concibe múltiples posibilidades para que a historia desta personaxe se desenvolva e nolas presenta, o título é claro, de xeito alternativo).

3. Os cadriños que se entrecruzan

Nesta banda deseñada a forma ten moita importancia. Os cadros van multiplicándose, dividíndose, mesturándose e fundíndose para amosar todas esas alternativas: todas realidades paralelas que nalgúns intres cuestionan a nosa percepción da realidade. Semella denso? Pois non o é: Alter·nativo é unha historieta divertida e axeitada para todas as idades.

O xogo é o seguinte nalgúns momentos a personaxe ten que tomar decisións: na páxina 2, por exemplo, subir unha montaña ou seguir o camiñando pola praia e segundo o que o lector escolla terá que continuar lendo a historia ben pola banda superior ben pola inferior da historieta. Máis adiante, se seguimos a opción de subir a montaña, a personaxe pode optar por botar unha soneca ou baixar a unha enseada [páx. 4] intre no que Campos ofrécenos a banda do medio, unha outra vía para continúar a historia.

As alternativas non se complican demasiado, neste trazo é menos complexo que a banda deseñada Morlac, de Leif Tande, pero en ocasións hai até cinco realidades paralelas pero, por favor, non se asusten, repito: Alter·nativo é unha historieta divertida, axeitada e moi recomendable para todas as idades

4. Elixe a túa propia aventura

Amáis dos referentes máis cultos que citei ao comezo desta crítica a historieta de Jorge Campos lémbrame aqueles libros de “Elixe a túa propia aventura” que tiveron un certo éxito alá polos anos 80, no que os lectores podíamos decidir indo a unha ou outra páxina o destino dos seus protagonistas (unha Rayuela voluntaria)

As lectoras podemos participar nas escollas do protagonista e facer avanzar a historia mais as nosas decisións teñen unhas consecuencias limitadas porque as realidades paralelas inflúen unhas nas outras dun xeito sorprendente que cuestiona a nosa concepción da realidade.
5. Un mundo peculiar

Os espazos nos que o protagonista vive as súas aventuras están repletos de referentes literarios todos eles vencellados coas illas, o mar ou os naufraxios: Posidón, Pinocchio, Long John Silver, os liliputienses, sereas,...

Seguer os pasos do protagonista nesta aventura sen unha soa palabra fainos coñecer un mundo peculiar que se vai enriquecendo con cada lectura, con cada alternativa.

6. Coda: A edición.

A coidada edición de Aira editorial resalta a concepción da historia, a opción polo despregábel reforza a idea do autor e o desenvolvemento da historia e permite desfrutar de algúns cadros a doble páxina sen o encordio das costuras dos libros.


Máis en:

Aira editorial

1 comentario:

Rodrigo Osorio dixo...

O pasado 27 de febreiro morreu Sergio B. Landrove, o autor desta bitácora, encomendoume a edición das súas obras literarias rematadas e nesa tarefa ando ocupado dende o mes de marzo.

Non fun quen (por máis que xestionei coa xente de Google a cesión da chave de acceso) de acceder a edición desta bitácora polo que só podo me comunicar cos seus eventuais seguidores a través deste comentario.

Intentarei que a súa obra non se esqueza e se edite o que deixou rematado.

Máis información:

http://www.diariodeleon.es/noticias/cultura/quien-es-o-fue-sergio-landrove_1240330.html