![]() | ||||||||||
A Nosa Terra, núm. 9, 6 de xaneiro de 1917.; por xentileza de Antóm Laia. |
O DOMINGO QUE VÉN
Un mitin galleguista no Ferrol
O día once terá efeito no Ferrol un mitin de propaganda organizado pol-o comité d'aición galleguista da Hirmandade da fala da Cruña.
N'él tomarán parte varios oradores, antre outros, un ferrolán Carballal, Villar Ponte, Peña Novo, Niebla e Lugrís Freire.
O notabre coro “Toxos e Froles” cantará os hinos gallegos de Pondal e Veiga e de Brañas e Taibo.
Prégase a cantos hirmáns da fala poidan acompañar ós oradores, que o fagan. Sairáse da Cruña ás nove da mañán pra voltare pola tarde.
O auto, se dúbida será moi solene e froitifero.
Logo, faráse outro en Santiago.
E pésase n'unha gran asambleía de todol-os grupos da Hirmandade que hai en Galicia.
[A Nosa Terra, núm. 9, 6 de xaneiro de 1917]100 anos despois In nave Civitas coa colaboración da fundaçom Artábria imos conmemorar ese "auto solene e froitifero" cunha recreación histórica.
Desta volta será un sábado... E dicir:
O SÁBADO QUE VÉN
Recreación dun mitin galeguista en Ferrol
O día 11 terá
efeito no Ferrol a recreación do mitin de propaganda que en 1917 organizou o comité
d'aición galleguista da Hirmandade da fala da Cruña.
O notabre coro
“Toxos e Froles” cantou os hinos gallegos de Pondal e Veiga e
de Brañas e Taibo.
Prégase a cantos
hirmáns da fala poidan acompañar ós oradores, que o fagan. Sairáse
da Cruña ás 10:50 horas da mañán pra voltare pola tarde.
O auto, se dúbida
será moi solene e froitifero.
Máis información:
Sobre o mitin de 1917:
Diario de Ferrol: Ferrol súmase ao movemento irmandiño.
Sobre a nosa recreación:
El ideal gallego: As Irmandades da Fala recrean cena nos despois, unha viaxe histórica en ferrocarril a Ferrol.
Fundaçom Artábria: Programaçom completa para este mês de entruido na Fundaçom Artábria.
En episodios anteriores:
[NOTA DO 09/02/2017] AVISO PARA ÁS INTERESADAS xa non quedan prazas para o xantar na fundaçom Artábria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario