domingo, novembro 15, 2015

O erro útil

Enviei o seguinte restrallete como proposta para o sonigrama 110 do Diario Cultural da Radio Galega.


-  Entón cre que funcionará?

-  Poden comprobalo vostedes neste ensaio. Aldán, explícalles as conclusións.

- O suxeito B é unha muller de corenta e oito anos: o votante medio. Nos test previos amosou certas tendencias filo-libertarias. De ter que escoller unha papeleta nunca sería unha das súas pero coas nosas "correccións" do sistema de cirbervoto: miren, miren,... Tras catro erros pódelle a preguiza e non le  o que supón premer "aceptar" e... sempre vota por un de vostedes.

- Temos que implantalo, presidente!

- Candidato, é unha cuestión de Estado: o progreso é a nosa única esperanza.



Poden escoitar a versión que leron en antena nesta ligazón:


 Ao xurado desta semana, Fran P. Lorenzo, semella que foi o que máis lle prestou aínda que dubide da miña existencia:





Ningún comentario: