venres, decembro 29, 2017

Liberdade con cargos (Apuntamentos para un Novo dicionario do diaño)

Liberdade con cargos: (Locución) Medida cautelar na que a persoa titular do poder xudicial atribúe a un presuntodelincuente polo menos dous postos de responsabilidade en calquera órgano ou institución dos poderes lexislativo ou executivo a custa do erario. O presunto delincuente ten que ocupar os ditos postos provisionalmente até que sexa firme a sentenza que poña fin ao proceso penal.

xoves, decembro 28, 2017

O apéndice de Sergio B. Landrove




As Páginas escogidas, de Rafael Sánchez Ferlosio (Literatura Random House, 2017) teñen un Apéndice titulado Don Jacinto Batalla y Valbellido. Sentencias, donaires, apuntes y recuerdos de un maestro apócrifo no que o editor da selección (Ignacio Echeverría) compila todas as referencias e citas que RSF fai da obra de don Jacinto.

O apéndice comeza así:
En este apéndice se reúnen y ordenan todas las referencias que hace [Rafael Sánchez Ferlosio] a su personalidad y a sus obras, así como todas las citas conocidas de sus dichos y escritos. Los editores hacen constan que fue Sergio B. Landrove, en un artículo publicado en la revista digital El Coloquio de los Perros (Jacinto Batalla y Valbellido, un autor de referencia, 23 de marzo de 2014), quien tuvo por vez primera la iniciativa de recopilar cuantos datos se disponen sobre la figura de este personaje apócrifo. Lo que sigue aprovecha en buena medida su trabajo.
e, claro, eu estou feliz.

xoves, outubro 26, 2017

Mil grazas a tod@s!

Saude e océano!

7 anos despois de que a Asociación Cultural O Mural comezara coa súa loita para protexer o fresco que Urbano Lugrís González pintou nos números 74-76 da rúa Real

5 máis tarde de que o colectivo In nave civitas se sumara con toda a forza do mar de Orzán a esa loita;

e 4 despois de que a asociación cultural O Mural solicitara formalmente a declaración do fresco como ben de interese cultural





Hoxe, por fin, este mural é ben de interese cultural.


A propietaria nunca tivo interese real en conservalo e somente a forza da lei  empuxada por todas as persoas que reivindicamos o acceso á beleza conseguiu, grazas ao gran traballo (desinteresado) de arquitect@s, un restaurador, unha avogada e un procurador que unha obra cimeira da arte estea protexida.

Moitas leccións podemos tirar desta aventura: a lei non sempre está na nosa contra; hai revolucións nas que se pode bailar (e cantar, facer teatro, pintar, rimar...); xunt@s sempre somos máis fortes e precisamos  de tódalas mans para alcanzar o improbable.

Todas e cada unha das personas que estiveron, sequera un cachiño da súa vida, nesta loita teñen que ser abenzoadas: grazas e parabens a tod@s as que fixechedes posible este fito!

O vindeiro 23 de decembro celebraremos o VIII día Lugrís e será día de festa grande para celebrar a chegada a un dos primeiros portos, porque este non é o fin...

Tanta paixón, quen poderá detela?


Máis sobre este mural, nesta Constelación:






na bitácora de In nave civitas:




e na bitácora de O Mural. 

luns, outubro 02, 2017

Adoutrinamento / Adoutrinar / Educar (Apuntes para un Novo dicionario do diaño)

Adoutrinamento (subs. masc.)

Acción de adoutrinar.


Adoutrinar (v. trans.)

Acción de educar vista dende a perspectiva dunha persoa infiel.


Educar (v. trans.)

Sementar unha fe nas mentes das crías humanas.