domingo, marzo 12, 2017

As mans santas (de Francisco Miguel), de Correa Corredoira

As mans santas (de Francisco Miguel). Óleo sobre tea. 2010


Até o 21 de maio na Fundación Luis Seoane da Coruña pódese ver a exposición Correa Corredoira. Os días pintados unha restrospectiva da obra pictórica [cuns petiscos escultóricos] de Xabier Correa Corredoira .

Entre todos os cadros impresionoume especialmente  As mans santas (de Francisco Miguel) pola súa forza para transmitir a historia que agocha.

Ao lado deste cadro, nun expositor un caderno do autor aclara para o visitante despistado a xénese do cadro:

Caderno de Xabier Correa Corredoira.

que di:

Tras cortarlle as santas máns a Francisco Miguel os verdugos da Guardia Civil descubriron que seguía a pintar cos muñóns, ca face e ca língoa. E tras o visto machacáronlle a cabeza a culatazos. Foi entonces cando a mar, as cunchas e as nubes que el pintaba revolverónse e decidiron ser eternas nas outras máns de Urbano Lugris, o de Sada e de Manuel Rivas, o de Elviña.  21.xuño.2007.

Francisco Miguel foi un pintor coruñés ao que as forzas sublevadas cortáronlle as mans antes de asesinalo no 1936. Foi un dos inspiradores máis claros do estilo de Urbano Lugrís e aparece como personaxe na novela O lapis de carpinteiro, de Manuel Rivas.

A súa historia pódese ler nos Diarios [Edicións A Nosa Terra, 2000] da súa dona Syra Alonso.





sábado, marzo 11, 2017

Lugrís: paredes soñadas

Unha rebusca na rede alértanos de unha nova interesante Afundación anda a preparar unha exposición, na súa sede da Coruña, titulada Lugrís: paredes soñadas. Polo que sabemos veñen ou xa están na coruña as seguintes obras:

Os murais que ten o Museo de Pontevedra (San Pedro de Mezonzo e Santa Trahamunda):


San Pedro de Mezonzo, mural do Museo de Pontevedra.

[Estes murais e outros restos que podemos ver no corredor da galeria José Lorenzo na praza de Toural de Compostela, pintounos Urbano Lugrís na Sanatorio Álvarez de Santiago de Compostela ]

O Retablo do descubrimento que Lugrís pintou no Instituto de Cultura Hispánica (hoxe Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desarrollo) que estaban a trasladar esta semana:






Fonte das fotografias Art&Value

O cadro San Telmo do Museo Naval de Ferrol (que algúns din que é o último resto localizado das pinturas do iate Azor):


San Telmo, de Urbano Lugrís. (Museo Naval de Ferrol)

Estas referencias dicían que a exposición comezaba o 9 de marzo pero semella que se retrasa... Quizáis por que Afundación quere presentar por todo o alto o seu descubrimento?

xoves, febreiro 23, 2017

Claudia Delso traizoa a Xulio Ferreiro

Onte Le Rosaire de l'Aurore contaba:


Tras o discurso pronunciado onte por Luis Alfonso de Borbón no espazo El coruñés opina de Radio Coruña [Que reproducimos na face desta folla voandeira] un, até o momento, apoucado movemento cidadá comeza a acordar no corazón da máis auténtica Coruña: veciños da Gaiteira, Eirís e Canedo alzaron espontánemente nos seus centros cívicos as bandeiras lexitimistas [...] e nas lapelas da veciñanza comezan a brillar flores de lis, que os luisalfonsistas, usan como símbolo do cambio e da esperanza

A CORUÑA LUISALFONSISTA, do Rucho. Publicado no LR de 21 de antroido de 2017

Hoxe a autonomeada prensa seria publicaba esto:

Foto de Queiruga para La opinión de A Coruña
Claudia Delso, a concelleira de participación e innovación democrática parece que colleu gusto aos sillóns do pazo de María Pita e está a facer méritos para incorporarse á corporación Luisalfonsista.

mércores, febreiro 22, 2017

Le Rosaire de l'Aurore, núm. 3. (Terceira época).

 Le Rosaire saíu! Descárguese Le Rosaire!






LE ROSAIRE, NÚM. 3. TERCEIRA ETAPA. 21 DE ANTROIDO DE 2017.

Sumario

 
VOLVE A SANTA ALIANZA 

Luis Alfonso de Borbón mantivo unha reunión reservada co cónsul do United Kingdom en Galicia e representantes dos grupos municipais popular e socialista no Concello da Coruña que pon alicerces para a moción de censura a Ferreiro. A Santa Sé desvínculase da xuntanza.


PENULTIMÁTUM, por Luis Alfonso de Borbón. 

Transcripción literal do discurso que o bipretendente ditou onte nos micrófonos de Radio Coruña


A CORUÑA LUISALFONSISTA

A Asemblea da Asociación de Veciños da Horta de Garás proclaman a Luis Alfonso de Borbón lexítimo alcalde da cidade da Coruña. «O alcalde son eu», retruca Ferreiro.


O MINISTERIO DE DEFENSA CO CONCELLO DA CORUÑA

O práctico do porto avista a armada británica máis aló das Xacentes. A ministra de defensa mobiliza aos veteráns da re-reconquista da Illa Leila para protexer a cidade.


Pode ler este número premendo aquí.


E consultar o resto aquí.