Tócame a min.
Un seis!
Quen chama?
Volto e alguen moveu as fichas no taboleiro.
Alerta xa
axito o cubilete...
(Brúa o teléfono)
...e paro:
publicidade.
O dado repenica e...
chega un guasap
atendo ao lonxano,
a un intre-scendente dun
veciño
As fichas todas
xogan contra min.
Namentres non estaba
levantaron barreiras,
avanzaron
xornadas.
Quen fai as trampas neste solitario?
Nesta ligazón lido polo seu autor: Sonigrama 81
mércores, novembro 20, 2013
A proposta de Rodrigo Osorio para o sonigrama 81
Publicado por
Sergio B. Landrove
el
20.11.13
0
comentarios
Sección o secciones: Poesía., Restralletes, Sonigramas
martes, outubro 08, 2013
O día seguinte, proposta de ROG para o Sonigrama 78
Xermán escoitouno polo talkie, pero non o creu... Ata que veu a
Godzilla. Entón alertou aos seus compañeiros:
- Un dinosaurio vai cara ao robot xigante que víchedes!
Mariola, usuo a radio para decirlle aos dos outros coches
patrulla:
- Estades de carallada? Como vos escoiten na comisaría!
Mirou ao final da avenida e foi quen de deixar libre de peóns a
senda dos elefantes antes de que pasara a manada das doce.
- Aqui a Central a todos os axentes, deixade baleira Rosalía de
Castro, repito, Rosalía de Castro. Mando tres cazas para derribar ao
lagarto. Despexade a zona!
Publicado por
Sergio B. Landrove
el
8.10.13
0
comentarios
Sección o secciones: Restralletes, Sonigramas
sábado, setembro 28, 2013
Culpable ou penalmente responsable
Persoa que cando é investigada pola súa intervención en feitos que poden ser constitutivos de delito os medios de formación de masas dín que é culpable ou penalmente responsable. Nalgúns estados de dereito cabe a revisión da condena ante as autoridades xudiciais. Nos estados democráticos máis desenvolvidos todo remata en linchamento.
Publicado por
Sergio B. Landrove
el
28.9.13
0
comentarios
Sección o secciones: Apuntamentos para un Novo dicionario do diaño
luns, agosto 26, 2013
Peñón
Peñón (sust).-
1. Peñazo
2. Cálculo en las gónadas soberanas
Publicado por
Sergio B. Landrove
el
26.8.13
0
comentarios
Sección o secciones: Apuntamentos para un Novo dicionario do diaño