sábado, setembro 28, 2013
Culpable ou penalmente responsable
Publicado por
Sergio B. Landrove
el
28.9.13
0
comentarios
Sección o secciones: Apuntamentos para un Novo dicionario do diaño
luns, agosto 26, 2013
Peñón
Peñón (sust).-
1. Peñazo
2. Cálculo en las gónadas soberanas
Publicado por
Sergio B. Landrove
el
26.8.13
0
comentarios
Sección o secciones: Apuntamentos para un Novo dicionario do diaño
luns, agosto 19, 2013
Filántropo/a
Filántropo/a (adx).- persoa que dedica unha pequena parte dos cartos acadados grazas a
explotación e escravitude de outras para axudar un pouquiño a unhas
terceiras.
(Acepción tirada da prensa peninsular en agosto de 2013)
Publicado por
Sergio B. Landrove
el
19.8.13
0
comentarios
Sección o secciones: Apuntamentos para un Novo dicionario do diaño
luns, marzo 18, 2013
O Parlamento de Galicia e as obras de Urbano Lugrís
Con esto de
intentar que non se perdan os murais do noso señor Lugrís estiven a
buscar o que fixeran os nosos mandatarios ao respecto e atopei o seguinte:
O 08.06.2009 o
grupo parlamentar socialista levou ao Parlamento unha proposición
para instar á Xunta de Galicia a:
- catalogar as obras de Urbano Lugrís González
- levar a cabo un ditamen do estado das obras do Café Vecchio, do antigo restaurante Fornos e da Casa do Mar de Malpica
- proceder a limpeza e restauración desas obras
O Boletín do
Parlamento de Galicia (BOPG) de 02.11.2009 aprobou a proposición co algunha
modificación:
1. Elaborar un
inventario das pinturas de Urbano Lugrís González, facendo especial
fincapé na obra dispersa en edificios públicos ou privados.
2. Levar a cabo un
ditame do estado da obra de Lugrís no Café Vechio e no antigo
restaurante Fornos, da Coruña, na Casa do Mar de Malpica e na Escola
da Igrexa de Vilaboa.
3. Proceder á
limpeza e á restauración que precisan estas obras.
(Ver páx. 8 do documento, 27230 do boletín)
(Desgrazadamente o
listado do punto 2. non está completo: faltan polo menos o mural do
restaurante Nova Galicia en Santiago de Compostela e os do Museo
Massó e outro, que so coñezo de oidas, dunha Farmacia en
Pontevedra)
O pasado mes de
decembro o grupo parlamentar do BNG preguntou ao Goberbo sobre as
actuacións concretas sobre o mural do Café Vecchio (Rúa real, 74
da Coruña) e o Goberno ven de contestar,
precisamente a semana pasada, o seguinte (BOPG de 07.03.2013)
(…) a dirección
xeral de patrimonio está a elaborar un estudo organoléptico sobre a
súa conservación (…) os resultados deseinforme deben servir para
que os propietarios dese ben poidan adoptar a s medidas de
consevación máis acaidas. Sempre coa colaboración da Dirección de
Patrimonio Cultural (...)
En fin que a Xunta
de Galicia está moi preocupada polo patrimonio pero fai responsable
da súa conservación aos titulares do mesmo.
A parte positiva é
que semella que despois da iniciativa dos socialistas comezaron a
traballar nas obras enumeradas (tamén na do restaurante Fornos?)
polo que certo recoñecemento como Patrimonio Cultural sí que teñen.
Medre o mar!
Publicado por
Sergio B. Landrove
el
18.3.13
0
comentarios
Sección o secciones: A contratiempo., Crónicas landróvicas, In nave civitas, Medre o mar, Pontificando, Un canon accidental, Ya os lo dije yo
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)