Ao
son da gaita e o tambor debuxamos nos nosos paraugas motivos mariños
para lucir na manifestación atlántica que nos levou atá o lugar no
que Urbano Lugrís tivo o seu estudio (Rúa da Estrela).
Os
siareiros do pintor sur-marino manifestámonos aos gritos de
“O
que pintou a marola, pintou a mar toda!”
“Menos
derrotismo e máis surrealismo!” Unha manifestación a favor que foi recibida polas terrícolas e os terrícolos con acenos de asombro.
20:30
horas. Camarote submarino.
Na
rúa da mantelería, Pablo Outón rematou o seu frustrado grafite do
ano pasado nunha das paredes que pechaba o estudio no que Urbano Lugrís pintou moitas das obras das que tanto gustamos.
No 2011 cando estaba pintando a policía do Concello
retiroulle o materia e a pintura quedou a medias. Este ano, xa con
licenza municipal, a rúa de Mantelería conta cun novo grafite.
(Pablo
Outón retoca o grafite mentras entoa o berro mollado)
Despois
da cea pasamos a ver o grafite e Outón dixo: "As pinturas, como ás
mulleres, hai que velas de día!” A mañá seguinte a obra estaba así:
21:00
horas. A habitación do vello mariñeiro.
Acto poético do
colectivo In nave civitas no bar Borrazás (rúa do Orzán)
Xosé
Iglesias:
TRANSFUSIÓN
OCEÁNICA
Eu,
creo que sou humano reconvertido, e sinto, que nalgún momento
sufrín
transfusión oceánica,
porque
esta sangue do meu corpo
non
é sangue, é sangue salgada.
Sinto
tamén que sufrín metamorfose,
non
é nariz a miña senón proa,
non
son brazos os meus senón amuras
e
as miñas costelas cadernas…
Todo
min forma un esqueleto naval. E esa barriga que se afunde no
mar estabilidade contras as ondas de costado. Son humano, son
barco, son tantas cousas..... Eu, creo que son árbore, porque
sempre me chove, sempre me venta, sempre me dá o sol. tamén
creo que sou paxaro, porque os peixes venme voar
entre as ondas, e subo, baixo, fago siluetas
acrobáticas ou simplemente voo raso.
Así
me ven, un paxaro voando no océano…
Miran
cara enriba, e alí estou coa proa,
as
amuras, a popa, a barriga, o eixe… Eu son mariñeiro, e
o mar móllame a alma, salinízame e golpéame
o corazón. e eu, non podo facer máis nada, senon
ser árbore, ser barco, ser
paxaro... en serio, nada podo facer, NADA, PORQUE
MARIÑEIRO SOU.
Teresa
Ramiro:
Se
queres escrever este país, aprende primeiro a lé-lo
Mía
Couto
A
RABALEIRA
Sobre
a pedra de A Rabaleira deslizan seus sonhos ,os
percebeiros, sombras dunha esperanza que se quebra coma a onda
na crista dos rochedos.
Coiteladas de
vida coiteladas de sal !...
Rabaleira ti es pedra ,eles
son carne, terra e vento ,inmersos no mesmo mar. Sobre o teu
ventre fecundo brincan enchendo de vida o cesto dos
sonhos.
Coiteladas de vida coiteladas de sal !...
Con
sorrisos de escuma mordendo con furia, sedento de sombras , en
doce cantiga, vestindo de lágrimas un berro amargo, o mar os
arrola ,roubándolles a vida.
Coiteladas de vida coiteladas
de sal!...
NO MAR CRECERÁN SEMPRE ROSAS.
Destes
versos tirou unha música Xurxo Souto que interpretou por vez
primeira ese día:
Xurxo
Gago:
O
GRELLE
Baixo
o ceo do atlántico
un
pequeno recuncho resgardado
tralos
meixóns do Gancho,
O
Grelle, co seu areal dourado.
Augas
verdes, fitoplacton,
diversidade
de fauna e flora
nun
mundo máxico mergullado
de
centolas e de gorgonias,
de
nudibranquios e de esponxas,
somerxido
lenzo debuxado
pola
natureza benfeitora
nun
atraente lugar enfeitizado.
Teno
escrito na súa historia,
aqueles
tempos de paga e cobra,
do
pagadoiro do fielato,
e
os consumeiros noutrora,
naqueles
tempos do pasado,
mercadorías
e manobras
cobradores
entregaban robras
e
O Grelle teno gravado.
Neste
recuncho resgardado
dos
ventos recollido
vese
un mundo ven pintado
de
fortes cores moi vivos.
É
O Grelle refuxiado,
na
cidade dos sentidos,
na
Coruña, cidade barco
a
dos futuros soños cumpridos.
Rodrigo Osorio:
José
Biobardi foi un coñecido cantante de tangos bonaerense que na
década dos vinte competiu en xusta lid con Gardel polo cetro de rei
do tango, a súa querencia pola bohemia e o hampa, e o seu nulo
control das súas máis baixas pasións fixerónlle ser moito mellor
cantante, autor e intérprete que Carlitos pero menos de fiar para as
compañías discográficas, polo que hoxe é un descoñecido do que
só disfruta un selecto grupo de melómanos sibaritas.
Biobardi
morreu, como non podía ser doutro xeito, nunha liorta nun modesto
lupanar, hoxe visitado por moitos dos seus seareiros.
Aquilino
Fernández Artelo no breve ensaio As orixes galegas do tango
(Imprenta de la Universidad Nacional de Buenos Aires, 2003). sostén
que “Biobardi” era un falso apelido pseudo italián que usou un
inmigrante coruñés, Xosé Falperra, como nome artístico na escea
porteña. Baseaba a súa tese no falso lunfardo que adoitaba empregar
Biobardi nas súas letras, plagado de galeguismos (por exemplo o
“asiña”, empregado na súa coñecida milonga “Tango y
medio”), na testemuña dalgún dos seus veciños e no ruxerruxe de
que José levaba tatuada unha Torre de Hércules no peito.
O
número 17 da revista arxentina A media luz ven de publicar A
marea no Xanrei, de José Biobardi con este texto explicativo das
circunstancias do seu achado:
O
texto que hoxe publicamos apareceu escrito no reverso dunha factura
de alugueiro dentro dun exemplar de Romancero gitano cheo de
anotacións feitas pola man do gran tanguista José Biobardi. A
lingua na que está escrito é, como saberán a maioría dos nosos
lectores, galego o que semella confirmar as recentes teorías sobre a
orixe española do célebre tanguista, (...)
A
aparición destes versos semella confirmar (como di o redactor de A
media luz) a hipótese defendida por Fernández Artelo. O tanguista
escribía as cancións primeiro en galego e logo as vertía ao
español deixando algunhas verbas da súa lingua materna que pasaron,
por obra e graza da sona que os seus temas tiveron no seu tempo, ao
lunfardo. A referencia ao Xanrei so pode confirmar a súa orixe
coruñesa pois ise e o nome dun dos cons máis saudosos da costa da
Coruña.
A
MAREA NO XANREI, de José Biobardi
Eu
varado no Xanrei
agardo
por miña amada,
baixo
a luz do albor,
nesta
rocha fronteiriza
entre
o meu mundo e o seu
na
que vivimosos dous
unha
hora cada día,
unha
pinga no eterno,
antes
de saír o sol.
Na
que bailamos ben xuntos
e
nos amamos a modo
antes
de saír o sol.
Retrouso:
Sube
coa lúa
a
melancolía
preamar
ás oito
-anunciaba
o diario.
A
mais afouta onda
móllame
o corazón
móllame
o corazón
que
se torna pesado.
Ninguén
aprobou o noso,
advertironnos
ben cedo
que
cerca estaba o final:
“Nunca
un home mariño
e
unha mariscadora
xuntos
poderán vogar!”
Pero
todos estes meses
de
soñar e bailar xuntos
foron
quen de me enganar
crin
que dúas vontades
lonxe
de todo prexuizo
poden
vaciar o mar.
(Retrouso)
Onte
non veu á cita
e
a ausencia sen aviso
confirmoume
o peor
que
o seu bico doutro día,
un
trebón nas nosas bocas,
anunciábame
o adiós,
o
naufraxio das linguas,
o
pique da miña vida,
a
quebra do corazón,
o
afundimento de todo
o
garete das palabras
a
deriva do aló.
(Retrouso)
Foi imposible recuperar a música orixinal do tango pero Nacho López (de Jarbanzo Negro) interpretouno no Borrazás despois de reconstruila:
Logo, Serafin Mourelle,
patron do mar de Irlanda, recitou dos poemas que ainda non puiden
recuperar para incorporar a esta crónica.
Manuel Rivas uniuse ao
acto e recitou:
MEU AMOR CONTRABANDISTA
Meu
amor anda ás crebas pola beiramar.
Vai
preñada de vento,
vai
preñada de néboa,
do
lóstrego vai,
todo
o apaña
apáñao
todo
coa
luz beatísima do seu vesgo ollar.
O
ben que se leva co temporal,
como
o amansa,
24
fotogramas por minuto,
a
dureza mística,
a
luz facinorosa
do
seu pestanexar.
E
el dálle zapatos sempre do mesmo pé,
o
andar dos deuses coxos do mar.
Meu
amor enche o ventre
de
seixos silábicos,
de
runas, de aghoams,
de
voces baixas,
pictogramas
coprófagos
que
crían nos excrementos da lúa.
Meu
amor anda ás crebas pola beira da esfera,
nas
estradas solitarias,
no
ceo dos manequíns
onde
rompen as nubes,
nos
cemiterios dos pingüíns xigantes
cos
seus portafolios de naturezas mortas.
Vai
preñada por dentro,
cara
dentro,
como
unha guía en tempo de éxodo.
Ese
ollar delincuente,
ese
corpo de contrabandista de seda,
esa
voz rouca.
Durmía
cos ollos abertos meu amor.
Non
sei vivir
sen
o rumor do seu vesgo ollar.
Meu
amor anda ás crebas na noite.
Apaña
os restos aleixados
do
ben e do mal,
un
cargamento ultramarino de esdrúxulas,
un
fardo de cousas septiformes,
o
contedor de frascos de potencias da alma.
Veni
Sancte Spiritus,
meu
amor atopou ao bébedo Xonás.
Meu
amor di que Xonás era el o gran peixe.
Xonás
preñado de seu,
de
abismo.
Meu
amor funde os pés na area,
leva
no ventre un arfar canso de nai virxe,
un
canto de gorxa inuit,
o
nome impronunciábel do mesmo temporal.
Meu
amor vai parindo de pe
o
poema da illa.
Cercada
polas ondas,
o
corpo aberto,
a
ollada fértil,
as
mans vesgas
a
amasar,
a
levedar o tempo petrificado.
Et
tui amoris in eis ignem accende
and
kindle in them the fire of thy love.
Meu
amor enténdese co mar,
ese
fillo de puta,
meu
amor.
Epílogo:
A cea coruñesa. (Cosmoba, rúa do Orzán)
O noso señor Lugrís inventou o que deu en chamar o "menú tradicional coruñés" que de acordo coas testemuñas consistía en: - Tortilla de longueiróns de Bastiagueiro - Faneca de pilo (de Riazor) - Ternera lardeada con pementos de Betanzos - Sobremesas: canas con limón e canela, papas de arroz á vainilla e queixo de Texeiro. - Viños do Ribeiro, tinto er blanco, e agudelo de Betanzos. - Café e licores. - Farias da fábrica de tabacos da Coruña
Ante as imposibilidades física
(moitos dos produtos xa non existen nin os nosos estómagos serían
quen de soportar a inxente cantidade de comida) de reproducir a
mítica cea coruñesa que argallou Lugrís, Xurxo Souto encargou aos
do Cosmoba unha cea mariñeira digna do noso señor Urbano Lugrís.
Como proba os dous platos
principais:
O postre foi unha contundente larpeira cuberta de chiculate.
Comida, viño, música e
ledicia... Que mellor xeito de celebrar a obra de Urbano Lugrís?
E -como di o noso capitán (Xurxo Souto)- para rematar... Que continúe!
Medre o mar!
Coiteladas de vida! Coiteladas de sal!
Fotos e videos: Ana B.; Xosé Iglesias e Xurxo Gago.
Esta é a nova proposta de Osorio para o sonigrama 67 do Diario cultural da Radio Galega:
A
elección
“Aqui
ten que ser”
- Bos
días! Onde teñen...? Grazas, xa as vexo ao fondo do pasillo.
“A
ver esta... Que preguiza! A vermella aquela ten boa pinta...”
“É
lenta, moi pausada, lenta dabondo.”
“E
aquela sinxeliña do recuncho?”
“Si,
señor. Esta é...”
- Canto
custa? Aquí ten. Pódema envolver para agasallo? - Bo
día!
***
- Pinocchio,
ven un momento. Teño unha cousa para ti. - Papa,
é... - Si,
meu ben, a túa alma: un espíritu firme, animoso, alegre. O ritmo
que te levará ao futuro.
Lérona (e interpretarona moi ben) en antena o 10.01.2013 . Podedes escoitar a versión que fixeron neste enlace a partir do minuto 45:28 Diario cultural do 10.01.2013 Os sons que ten que inspirar o sonigrama os poñen despois, podedes escoitalos tamén no feisbuc do Diario cultural.
Estou agora, Urbano, mordendo unha flor
negra no medio da vida
cunha sede abismal de beber tódalas cráteres do mundo
de onde vai saír a túa voz de capitán antigo
bruando coma un temporal oceánico, ou acaso o balbordo
das caballeiras silúricas onde zunía-lo teu corno de ouro.
Estou inerme debaixo da besta apocalíptica
torcéndolle os testículos: son o profesta enfurecido
que non pode entende-la túa morte, a túa morte, a túa morte.
¿Quen vai coidar agora dos soños na
fronteira da Patria?
Ouh, guardián terrible. Argonatura, Vello titiriteiro conmovido.
Esta noite zugo o viño máis ácedo. Esta noite cavo leguas
profundas de memoria pra camiñar contigo
novamente,
agardo vixiante nas illas mais remotas a túa fragata,
a túa nave inconsútil.
Asisto cun ferro atravesado nas virillas
ó enterro da miña mocedade. E escoito
a treboada universal cando derruban a pirámide
e os cabalos das batallas pisan aqueloutrados
o noso tempo
onde a túa grande man de mariñeiro crepuscular
prendía os astros.
Asoballado por única vez, cun lobo
famento nas arterias,
atravesas un país xiado
e cantas con voz rouca nos subterráneos boreais o teu amor
e un milleiro de defuntos apodrecidos pola ira
cóbrense entón de rosas e lembran o fulgor da súa terra.
Se non fora tan lonxe, ¡con que ardentía
de compañeiro de catástrofe
tiña de calafatea-los teus ósos, coutando con barro elemental
esa longa ferida
que un deus sen pálpebras furou na túa illarga!
Era-la derradeira esperanza do mundo.
Pastor de naves,
cun corazón multicolor de tirreme fenicia
amába-la rota fundamental dos exploradores celestes
e intimamente andabas
polos tellados vestido de astronauta galego.
¡Meu amigo sobrenatural!
Hoxe desexo, tanto coma Ulises, atopar
unha barca que me leve
ás costas de Galicia. Son prisioneiro dunha forza estraña.
Navegamos a cegas por ríos diferentes
e o noso canto retumba nos confíns da saudade,
os dous loitamos con yatagáns de aceiro contra o tempo,
o teu xa tan preciso, o meu tan vago,
fuxidío
que me acoitela en tódolos recantos.
¡E esa dor e non verte, meu amigo!
(Pranto por Urbano Lugrís, de Antón Avilés de Taramancos)
Orixinariamente publicado en La Voz de Galicia o 11 de xuño de 1974,
este poema figura recompilado dentro de Os poemas da ausencia II no
volume O tempo no espello, Ed. do Castro, Sada
O
movemento cidadánIn
Nave Civitas e
a Asociación
de escritoras e escritores en lingua galega (AELG)
convocan a toda a cidadanía a unha nova xornada cívica de homenaxe
a Urbano Lugrís, o gran pintor das cousas do mar.
Na
obra
do artista agroma un mar sen tempo, onde os elementos coruñeses
–Marola, Torre, Orzán- se converten en arquetipos –illa, faro,
praia- para nós contar a historia toda dos océanos. A presenza
de Urbano Lugrís segue a iluminar as rúas e tabernas da Pescadería,
como representante máximo da bohemia. Poderosa humanidade – así o
definiu o poeta Antón Avilés de Taramancos- protagonista de moitas
historias populares daquela cidade dos anos cincuenta.
Mais
tamén, un ano máis, este Día Lugrís ten que ser,
desgraciadamente, unha xornada de reivindicación.
Lugrís
mostrounos un océano máxico, cheo de historias e de misterios
inmortalizados para sempre en debuxos, cadros e murais. Admirado por
moitos, a súa figura fica esquecida e mesmo algunhas da súas obras
palidecen á intemperie.A
obra que creou para diferentes locais hostaleiros coruñeses, non
goza de protección institucional ningunha. O grande mural da
cafetería Veccio da Rúa Real ten un futuro absolutamente incerto.
Máis grave é aínda a situación das pinturas que decoraban o
antigo restaurante Fornos ( Rúa dos Olmos). Un establecemento
actualmente pechado, sen control público ningún sobre estado desas
obras.
Ante
isto, o colectivo cidadán In
Nave Civitas e
a
Asociación de escritoras e escritores en lingua galegaqueremos
removelas conciencias e honrala memoria de Urbano Lugrís coa
celabración do III
Día Lugrís:
ACCIÓN
LUGRÍS, velaí o programa deste ano:
20 horas.
Obradoiro
submarino:
Xuntanza no Obelisco para decorar paraugas con debuxos de peixes. Se
chove, faremos da necesidade virtude, e poderemos principiar
deseguido, ao son dos gaiteiros, a manifestación
atlántica.
20.30 horas.
Camarote
Lugrís:
Intervención pictórica na rúa Mantelería, no lugar onde
estivo situado o estudo do artista.
21.00 horas.
Habitación
do vello mariñeiro.
Presentación no Borrazás, café moi querido por Lugrís, do
colectivo poético-musical In
Nave Civitas,
artistas diversos reunido ao redor da condición da Coruña como
cidade-barco.
Día Lugrís.
Está subindo a marea, ti non quedes varado en seco !