O xornal Praza pública hospedou no seu cibersitio o tento As vellas oficinas xudiciais na nova Fábrica de Tabacos da Coruña (Que orixinariamente se titulaba "Non sal o toxo de toxo..." ) de Rodrigo Osorio, que semella que quere seguir facendo amigos no choio.
martes, abril 04, 2017
As vellas oficinas xudiciais na nova Fábrica de Tabacos da Coruña
Publicado por
Sergio B. Landrove
el
4.4.17
0
comentarios
Sección o secciones: A contratiempo., Autobombo., Dereito, O ovo e o foro
xoves, marzo 16, 2017
PAPEL A MANCHEAS NOS XULGADOS DA CORUÑA
[Un tento de Rodrigo Osorio]
![]() | ||||||||
| Fonte da fotografía. |
Para
a completa ciber-tramitación dos expedientes nas oficinas xudiciais
(o moi publicitado «papel cero») queda moito tempo e no caso de
Galicia, aínda máis. Semella que o conselleiro de xustiza non leu
a meirande parte das normas coas que dende 2009 os lexisladores
quixeron actualizar a administración de xustiza ou que de telas
lido, a vontade do goberno galego é non cumprir as leis estatais
neste eido.
Para
coñecer a política da Xunta de Galicia en materia de administración
de xustiza o caso do expediente dixital é paradigmático. Unha das
reformas de outubro de 2015 (a lei 42/2015) establecía tres prazos
para rematar con case que todo o papel nas oficinas xudiciais:
- dende o 1 de xaneiro de 2016, os avogados e os procuradores estaban obrigados a presentar todos os escritos de xeito electrónico.- dende o 1 de xaneiro de 2017, as administracións públicas debían ter preparada a plataforma para que os particulares que quixer e as persoas xurídicas, obrigadas por imperativo legal a facelo, presentaran de xeito electrónico os seus escritos.- a partir o 1 de xaneiro de 2018, o Ministerio Fiscal incorporarase plenamente ao novo xeito de presentar escritos.
Vencidos
os dous primeiros prazos a falla de vontade da Xunta de Galicia é
patente: as persoas xurídicas non poden cumprir coa súa obriga de
presentar as demandas de xeito electrónico porque en Galicia (non
sucede o mesmo noutras comunidades autónomas) faltan os medios para
facelo. E a ausencia de previsión legal para o caso de falla de
medios obrigou a algunhas responsables a ditar resolucións de
dubidosa legalidade para non impedir o acceso a xustiza das persoas
xurídicas.
Amais,
a Dirección Xeral de Xustiza nin sequera foi quen de dotar a todas
as oficinas xudiciais de Galicia dos mesmos medios para a
ciber-tramitación, e estas eivas do poder executivo teñen que ser
emendadas polas traballadoras usando métodos «pre-modernos»
(aceptando a terminoloxía usada polos nosos dirixentes), deseguido
dúas ilustracións da situación (nos xulgados de primeira instancia da cidade da Coruña):
I
Cando
un xulgado se inhibe por non ter competencia para coñecer dunha
demanda que presentaron na súa oficina, ten que remitir o
procedemento ao xulgado que pensa que é competente.
Aínda
que o primeiro xulgado tramite todo de xeito electrónico, a ausencia
dun sistema que permita a remisión dixital do expediente obriga a
imprimir todos os escritos e resolucións para llos enviar a oficina
do xulgado receptor que, a lei obríga, vese obrigado a escanear toda
a documentación impresa para formar un novo expediente dixital. O
abondoso papel sobrante pode reciclarse.
Moitas
veces se fala de incompatibilidade do sistema entre as distintas
comunidades autónomas pero as dúas últimas veces que pasou isto na
oficina que dirixo foi con procedementos que recibimos doutros
xulgados da provincia da Coruña.
II
Algo
semellante sucede cando os xulgados da cidade da Coruña temos que
remitir os expedientes a Audiencia Provincial que ten a súa sede na
mesma cidade para que tramite un recurso de apelación.
O
actual sistema de xestión procesual (o programa informático para
tramitar os procedementos) non permite a remisión electrónica polo
que aínda que na primeira instancia o expediente sexa totalmente
dixital é preciso imprimir todo para que a Audiencia Provincial poda
continuar coa tramitación. O paradoxal é que a Audiencia tería que
dixitalizar o impreso para formar o seu propio expediente. De novo
papel sobrante para o lixo.
Pero
este caso é peor porque os medios existen (os Xulgados de Santiago
de Compostela poden remitir o expediente a sección da Audiencia
Provincial con sede na capital de Galicia) pero a Dirección Xeral de
Xustiza non os instalou para todas as sedes xudiciais.
*
Estes
dous exemplos deixan claro que os anuncios do poder executivo estatal
e autonómico sobre a actualización da xustiza non son máis que
publicidade e que mancheas de papel seguen a ser as protagonistas da
«moderna» administración de xustiza da Nosa Terra.
Referencia: O xornal Praza pública hospedou este tiento no seu cibersitio: Papel a mancheas nos xulgados da Coruña
Referencia: O xornal Praza pública hospedou este tiento no seu cibersitio: Papel a mancheas nos xulgados da Coruña
Publicado por
Sergio B. Landrove
el
16.3.17
3
comentarios
Sección o secciones: Dereito, El huevo y el fuero., O ovo e o foro
domingo, marzo 12, 2017
As mans santas (de Francisco Miguel), de Correa Corredoira
![]() | |||
| As mans santas (de Francisco Miguel). Óleo sobre tea. 2010 |
Até o 21 de maio na Fundación Luis Seoane da Coruña pódese ver a exposición Correa Corredoira. Os días pintados unha restrospectiva da obra pictórica [cuns petiscos escultóricos] de Xabier Correa Corredoira .
Entre todos os cadros impresionoume especialmente As mans santas (de Francisco Miguel) pola súa forza para transmitir a historia que agocha.
Ao lado deste cadro, nun expositor un caderno do autor aclara para o visitante despistado a xénese do cadro:
![]() | ||
| Caderno de Xabier Correa Corredoira. |
que di:
Tras cortarlle as santas máns a Francisco Miguel os verdugos da Guardia Civil descubriron que seguía a pintar cos muñóns, ca face e ca língoa. E tras o visto machacáronlle a cabeza a culatazos. Foi entonces cando a mar, as cunchas e as nubes que el pintaba revolverónse e decidiron ser eternas nas outras máns de Urbano Lugris, o de Sada e de Manuel Rivas, o de Elviña. 21.xuño.2007.
Francisco Miguel foi un pintor coruñés ao que as forzas sublevadas cortáronlle as mans antes de asesinalo no 1936. Foi un dos inspiradores máis claros do estilo de Urbano Lugrís e aparece como personaxe na novela O lapis de carpinteiro, de Manuel Rivas.
A súa historia pódese ler nos Diarios [Edicións A Nosa Terra, 2000] da súa dona Syra Alonso.
Publicado por
Sergio B. Landrove
el
12.3.17
0
comentarios
Sección o secciones: Francisco Miguel, Un canon accidental, Urbano Lugrís
sábado, marzo 11, 2017
Lugrís: paredes soñadas
Unha rebusca na rede alértanos de unha nova interesante Afundación anda a preparar unha exposición, na súa sede da Coruña, titulada Lugrís: paredes soñadas. Polo que sabemos veñen ou xa están na coruña as seguintes obras:
Os murais que ten o Museo de Pontevedra (San Pedro de Mezonzo e Santa Trahamunda):
![]() | ||
| San Pedro de Mezonzo, mural do Museo de Pontevedra. |
[Estes murais e outros restos que podemos ver no corredor da galeria José Lorenzo na praza de Toural de Compostela, pintounos Urbano Lugrís na Sanatorio Álvarez de Santiago de Compostela ]
O Retablo do descubrimento que Lugrís pintou no Instituto de Cultura Hispánica (hoxe Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desarrollo) que estaban a trasladar esta semana:
![]() |
| Fonte das fotografias Art&Value |
O cadro San Telmo do Museo Naval de Ferrol (que algúns din que é o último resto localizado das pinturas do iate Azor):
![]() |
| San Telmo, de Urbano Lugrís. (Museo Naval de Ferrol) |
Estas referencias dicían que a exposición comezaba o 9 de marzo pero semella que se retrasa... Quizáis por que Afundación quere presentar por todo o alto o seu descubrimento?
La Voz de Galicia: Es posible que se descubran nuevos murales ocultos de Urbano Lugrís.
Publicado por
Sergio B. Landrove
el
11.3.17
0
comentarios
Sección o secciones: In nave civitas, Un canon accidental, Urbano Lugrís
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)











