- Y esta señora invisible es mi mujer.
-Encantao.
Fuente de la imagen.
mércores, outubro 24, 2012
Ministerio de Justicia, hoy
Publicado por
Sergio B. Landrove
el
24.10.12
0
comentarios
Sección o secciones: Humoroteca de l´Aurore., Las trepidantes aventuras de Gallardón (fotonovela), MDZP, Rebusco electrónico.
xoves, outubro 11, 2012
Presentación en Santiago de Compostela da Plataforma Auditoría Cidadá da Débeda
O pasado sábado tres membros da Plataforma de Auditoría Cidadá da Débeda (de Barcelona) presentaron en Santiago de Compostela a súa iniciativa a diferentes colectivos galegos invitados por Amarante Setem.
Contextualización
do problema
Na primeira parte
da súa charla explicáronnos como o sistema transformou a “crise financeira”
en “crise de débeda” pasando pola “crise económica”. Pese
ao que escoitamos todos os días a débeda pública non é a causa
da crise senon a súa consecuencia. Antes da crise a débeda pública
do Reino de España era do 36% do PIB (unha das mais baixas de
Europa) Na actualidade é de máis do 70% do PIB.
Só o 19% da débeda
española é débeda pública o resto é débeda de particulares
(20%), das empresas non financeiras (31%) e das entidades bancarias
e de crédito (30%)
A débeda de España é
menor que a de outros paises europeos e ata hace catro anos España
cumpría coas condicións que a propia Unión Europea estableceu
para entrar na unión monetaria (as de déficit do Tratado de
Maastricht, entre outras) O problema está nos acreedores. A quen
deben o estado, as cidadás e as empresas españolas?
A través dun
interesante gráfico amosáronnos como a débeda do Reino de España é un problema
para o resto dos estados europeos porque os principais acreedores
son as etidades financeiras europeas (fundamentalmente francesas e
alemanas) Polo que as economías de Alemania e Franza dependen en
gran medida de que o Reino de España (e o resto dos PIIGS) pague a
súa débeda.
Un dos problemas no que
están a facer fincapé os dirixentes é o do deficit e as súas
causas principais:
A diminución dos
ingresos do sector público iniciouse antes do 2008 por medio da
privatización das empresas públicas, as reformas fiscais
progresivas e a permisividade fiscal cos poderosos.
Pola
banda do aumento do gasto entre os anos 2008 e 2013 nótase una
constante diminución dos gastos sociais, os cartos destínanse a
pagar os xuros da débeda.
Os actores:
A
troika (FMI, BCE e Comisión europea) que son os que
establecen as condicións dos créditos e rescates aos estados.
Exemplo.- O BCE presta cartos á Banca ao 0,75 %
Banca privada e
entidades financeiras
Axencias de rating,
entidades privadas (e, polo tanto, interesadas) que valoran a
liquidez e solvencia dos estados.
Gobernos, convidados que
parecen de pedraneste escenario.
Cidadanía (que temos
que padecer como o noso papel limítase a lexitimar -a traves do voto
aos gobernos- e a financiar todo o montaxe cos nosos impostos e
sufrindo os recortes)
Estase a crear un novo
actor, o MEDE (Mecanismo Europeo de Estabilidade) que é un
organismo integrado pro 20 persoas que gozan de inmunidade e serán
os encargados de establecer as condicións nas que os paises que
reciban créditos terán que voltarlos.
O concepto de débeda ilexítima
O concepto de débeda ilexítima
A
débeda non é unha cuestión simplemente económica é a unha
cuestión -e un arma- política. Reformouse a Constitución Española
para facer co pago da débeda sexa unha cuestión prioritaria a
calquera outro gasto público.
Ata
agora a débeda era unha ferramenta de opresión aos estados -e
especialmente as súas poboacións- do Sur. E foi nos paises do Sur
donde creouse o concepto de “débeda ilexítima”. Considerase
débeda ilexítima aquela que é “racionalmente inxusta” E neste
senso considerase ilexítima calquera débeda que:
- atente conta o desenvolvemento da vida digna
- impoña medidas que violen os dereitos humanos ou poñan en perigo a convivencia pacífica entre os pobos
- sexa produto da corrupción ou a mala xestión dos gobernos
A
definición da débeda ilexítima é necesaria para poderlle dar un
trato distinto, o obxectivo é non pagar débeda antes de ter
satisfeito o benestar da cidadanía e non asumir as débedas
ilexítimas nunca.
Unha
gran parte da débeda do Reino de España é para o chamado “rescate
bancario” (170.000.000.000 €, aprox.)
O
sistema débeda no que estamos inmersos ten como finalidade
transformar a débeda privada (a de empresas e bancos) en débeda
pública. A estratexia consiste en saír da crise
con
máis capitalismo.
As
institucións -cuxos orxzamentos nutren os Estados- prestan cartos
aos bancos que llo prestan aos estados -a aos particulares- cun xuro
moito máis alto.
Algunos
dos países do Sur (Exipto ou Túnez) ven de crear auditorías sobre
a débeda asumida polos anteriores ditadores. Antes o presidente
Correa en Ecuador e tras auditar as contas do seu estado e coñecer
a orixe da débeda negociou cos acreedores unha rebaixa do 70%.
Máis información:
Na rede:
(Tamén en N-1; facebook e twitter)
Bibliografía:
Estas recomendacións son nosas:
La
doctrina del schok, de Naomi Klein
Nos catro últimos pódense coñecer os efectos da débeda nos estados do Sur.
Documentais:
Estas recomendación son nosas:
(Non vos esquezades da concentración barullenta do sábado)
Publicado por
Sergio B. Landrove
el
11.10.12
0
comentarios
Sección o secciones: A contratiempo., Pontificando
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)