- Entón cre que funcionará?
- Poden comprobalo vostedes neste ensaio. Aldán, explícalles as conclusións.
- O suxeito B é unha muller de corenta e oito anos: o votante medio. Nos test previos amosou certas tendencias filo-libertarias. De ter que escoller unha papeleta nunca sería unha das súas pero coas nosas "correccións" do sistema de cirbervoto: miren, miren,... Tras catro erros pódelle a preguiza e non le o que supón premer "aceptar" e... sempre vota por un de vostedes.
- Temos que implantalo, presidente!
- Candidato, é unha cuestión de Estado: o progreso é a nosa única esperanza.
Poden escoitar a versión que leron en antena nesta ligazón:
Ao xurado desta semana, Fran P. Lorenzo, semella que foi o que máis lle prestou aínda que dubide da existencia do meu ben querido amigo:
Ningún comentario:
Publicar un comentario