Agora que os de Puertos del Estado seguen cos seus vellos costumes de xestionar o urbanismo da Coruña sen contar co Concello pódese recuperar este ferrete que as Orzaneiras levamos no antroido do ano pasado:
CONSTRUTORES DE PEIRAO
(Mariñeiro de Caión, tradicional)
Os de Puertos del Estado
quixeron especular (bis)
e venderon o peirao
pra poder edificar (bis)
Os pesqueiros van pra Oza
a mercante ao Exterior
e nós enchemos o porto
de cemento e formigón
(Retrouso)
Non levo peix'
non levo peix'
levo vivendas frescués
(Bis)
E Maruxa a peixeira
xa montou a inmobiliaria (bis)
vende duplex e locais
sen espiñas nin escamas (bis)
Os pesqueiros van pra Oza
a mercante ao Exterior
e nós enchemos o porto
de cemento e formigón
(Retrouso)
A música podédesla escoitar nesta grabación do noso xa centenario coro Cántigas da terra:
TAS e MOSI, se son quen de entender a súa caligrafía, decidiron deixar as súas sinaturas sobre o mural Marineda soñada que Kse coa axuda de Choupa (un alumno do IES Eusebio da Guarda que se sumou ao traballo tras pasar unha hora libre mirando como Kse reproducía a serigrafía de Urbano Lugrís) estaban rematando no muro do instituto que da a praza de Pontevedra da Coruña.
Hoxe, con algunhas imprecisións (son xornais), La opinión de A Coruña e El ideal gallego recollen a nova.
Dende In nave civitas sabiamos do risco de facer un mural ao alcance de calquera e xa estamos traballando en reparar a pintura e unha das opcións e, máis ou menos, a que conta a redacción do Ideal.
Dentro das actuacións do VII día Lugrís (17/12/2016) o colectivo In nave civitas en colaboración co Instituto Eusebio da Guarda e o grafiteiro Kse levaron beleza a un dos muros máis esquecidos do corazón da Coruña.
Estado orixinal do muro.
O profesor Xulio Cuba suxeriu esta obra, que foi elexida por aclamación dos membros do colectivo:
A obra de Urbano Lugrís, Marineda soñada.
A obra quedou así:
O muro onte pola mañá.
Detalle do mural onte pola tarde.
NOTA: Esta mañá o mural Isabel Ruso, a directora do IES, chamounos para avisarnos disto:
TAS e MOSI deixaron a súa pegada sobre a reprodución de Marineda soñada.
o colectivo In nave civitas xa traballa en recuperar o estado do grafiti.